O Garaysa Xiria paga o mal inicio de partido

Sabía da dificultade do partido o Garaysa na súa visita a Pontevedra. O Teucro, o seu rival e sexto clasificado, facían prever un encontro igualado.

Co asubío inicial, os carballeses víronse superados polos locais que saíron en tromba. A debilidade defensiva e os continuos descoidos facían estragos e levaban o marcador no minuto 8, ao 9 a 3. Esgotados os dous tempos mortos da primeira parte no minuto 10, por fin meteríanse no partido. Aos poucos foron recortando diferenzas para chegar ao descanso 18 a 15 grazas en parte ao labor de Mateo na portería.

Non lle sentou nada ben o descanso ao Garaysa, que nos primeiros minutos da segunda parte; tiraba pola borda o esforzo realizado nos últimos 15 minutos da primeira metade. Parcial de 7 a 0 e máxima diferenza de 10 goles para os pontevedreses que parecían sentenciar o encontro.

O orgullo e o carácter carballés, e a achega de Darío desde a portería, levaban o marcador ata diferenza de dous goles. Pero o desgaste físico, por ter que remontar por dúas veces o resultado, daba ao traste coas opcións de vitoria. Dous puntos que se lle escapan ao Garaysa na súa loita polos postos altos.

A seguinte semana, visita Carballo, o Academia Octavio; partido de nivel, onde o Garaysa Xiria, espera reencontrarse co nivel defensivo habitual.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Multiusos A Xunqueira ante un centear de seareiros de ambos conxuntos, que estiveron moi animados. Colexiado: Marcos Pérez do colexio galego.

S.D. TEUCRO 34 ( 18 + 16 ): Gabriel Ayude, Anxo Quintana, Sergio Cortizo, Federico De Carlos, Miguel Monteagudo, Martín González, Iago Pérez, Anxo Martínez, David Pintos, Sergio Blond, V.E. Domínguez, Oscar Paredes, Jimenez Montoya, Pablo Escudero, Mateo Omil.

GARAYSA XIRIA 30 ( 15 + 15 ): Darío Calviño [p], Mateo Pallas [p], Andrés García, Ángel Viña, Esteban Puñal, Julián García, Martín Fuentes, Alberto Rodríguez, Juan Martín, Alberto Suárez.