O Marmolería José Rey Xiria segue progresando

Fin de semana con dobre xornada para o mozo conxunto carballés; con distinto resultado pero con bo sabor de boca; que deixa claro, a evolución do equipo.
O sábado, enfrontábase ao Bm Culleredo e facíao como local, no Ceip Fogar. Bo traballo defensivo ata os últimos 5 minutos da primeira parte onde o Culleredo adquiriu unha pequena vantaxe de 3 goles. 7 a 10.
A segunda parte, máis irregular na faceta defensiva, púidose ver a boa achega de Alejandro Vázquez en portería. Onde se atisba unha clara melloría é no ataque posicional, onde o Marmolería José Rey Xiria empeza a consolidar o seu modelo de xogo. Só falta atopar a regularidade necesaria para poder competir contra todos os rivais.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Ceip Fogar ante un centear de seareiros. Colexiado Gabriel Folgoso do colexio galego.

MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 16 ( 7 + 9 ): Alejandro Vázquez [p], Miguel Pérez, Alberto Rodríguez, Bruno Facal, Aaron Rodríguez, Nicolás García, Samuel Regueira, Samuel Veiga, Oscar Tasende, Erik Vázquez, Pablo Veiga.

BM CULLEREDO CONTRUPEREIRO 23 ( 10 + 13): Juan Manzo, Juan Sobreiro, Pablo Fernández, Marcos De Salvador, Brais Pérez, Mario Pan, Álvaro Dieguez, Pablo Fariña, Eloy Capelo, Víctor González, Daniel González, Juan Vilas.

RIBADOSAR- MARMOLERÍA JOSÉ REY

Xogaba o pasado domingo o Marmolería José Rey un partido da xornada 12, que fora aprazado, polo que sería o segundo partido no mesmo fin de semana para estes xogadores. Os xogadores carballeses viaxaban a Santigo, para enfrontarse ao Bm Ribadosar.

 

O partido comezou con moita intensidade, e tamén con moita mobilidade, os xogadores do Marmolería Jose Rey eran capaces, en ataque, de realizar cambios de posto cos que mover a defensa local, xerando así espazos que se aproveitaban de maneira eficaz. En defensa eran capaces de evitar os ataques a zonas centrais, e de afastar aos xogadores de Ribadosar das zonas próximas de lanzamento. Grazas a esta mobilidade tanto en defensa como en ataque os carballeses cobraron unha renda de 5 goles a favor. Con todo mediada a primeira parte este nivel de mobilidade baixou, propiciando erros de pase e de tomas de decisión. Desta maneira os santiagueses recortaron distancia para o 16-17 ao descanso.

 

Á volta do descanso a dinámica seguía da mesma maneira, falta de mobilidade para o Marmolería, sobre todo en defensa que se vían superados unha e outra vez e non chegaban as axudas, propiciando isto que o Ribadosar puxésese por encima no marcador. Con todo no ecuador da segunda parte os xogadores de Carballo axustaron a defensa, sendo capaces desta maneira de correr contras e de recortar distancias no marcador. A remontada culminouse roubando dous balóns nos últimos minutos para acabar gañando por un gol, explosión de xúbilo para os xogadores carballeses e a bancada pois ven que o traballo do día a día ten a súa recompensa.

RIBADOSAR 26 ( 16 + 10 ): Carlos Valdés (6), Carlos Quintela, Alberto Naveira, Javier Pérez, Rubén Martínez, Marcos , Ramón Panero (2), Diego Fernández (7), Mateo Pereira (1), Daniel Hermida (6), J.Ramón Rodríguez, Xenxo Gontá (1)

MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 27 ( 17 + 10 ): Alejandro Vázquez [p], Miguel Pérez (2), Oscar Tasende, Samuel Veiga (8), Samuel Regueira (5), Nicolás García (2), Aarón Rodríguez (3), Bruno Facal, Erik Vázquez (2), Pablo Veiga (5)