O Garaysa Xiria remata segundo a Liga Prata infantil masculina

O Garaysa Xiria remata segundo a Liga Prata infantil masculina

O Garaysa Xiria A conseguiu unha importante vitoria fronte ao Reconquista de Vigo por 30-36, un triunfo que lle permite aos de Carballo rematar na segunda posición da Liga Prata infantil masculina.

O encontro comezou de forma complicada para o Xiria, cun parcial inicial de 9-2 a favor dos vigueses que obrigou ao adestrador, Jorge, a solicitar un tempo morto para reorganizar o equipo. A partir dese momento, o conxunto carballés reaccionou, mellorando en defensa e atopando máis claridade en ataque, o que lle permitiu reducir diferenzas ata chegar ao descanso só un gol por debaixo.

Na segunda metade, o partido cambiou por completo. O Garaysa Xiria dominou con autoridade grazas a unha defensa sólida e a un ataque con ideas claras, logrando darlle a volta ao marcador e abrir unha vantaxe progresiva. O bo facer colectivo permitiu controlar o encontro ata o final e asegurar unha vitoria merecida por 30-36.

Un triunfo que pon o broche a unha gran fase, confirmando o bo traballo do equipo e o seu crecemento ao longo do ano. O Garaysa Xiria finaliza así a tempada en Liga á espera de que saian os calendarios da Copa Federación.