Empezaban o partido sen relaxacións e dispostos a levar a vitoria desde o principio. O Academia Octavio viuse superado en todo momento pola defensa local, que tardou 15 minutos en encaixar o seu primeiro gol. O paso dos minutos non fixo máis que aumentar a diferenza no marcador que acabaría nun cómodo triunfo para o Garaysa Xiria 41-12.
Na seguinte xornada o Garaysa Xiria recibe a visita do S.D. Teucro nun partido que enfronta ao 2º e 3º clasificado da división de honra infantil.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Vila de Noia ante 100 seareiros. Colexiado: Alfredo Balado Fernández do colexio galego. Sen complicacións. Castigou con exclusión a Mario Cancela (47´) por parte do Garaysa Xiria / 7 metros: Garaysa Xiria 1/2 // Academia Octavio 1/2.
Marcador cada 5 minutos: 6-0, 11-0, 15-0, 17-3, 22-5, descanso, 26-5, 31-6, 32-8, 36-10, 41-12.
GARAYSA XIRIA 41 ( 22 + 19 ): Julio Ferreiro [p], Diego Lema [p], Mario Rincón (4), Daniel Mallo (2), Alejandro Gómez (8), Mario Cancela (4), Juan Pereira (2), Diego Antelo (1), Iago Rincón (6), Adrián Mesejo (2), Iker Martínez (5), Franco Rial (3), Fernando Mallo (4).
ACADEMIA OCTAVIO 12 ( 5 + 7 ): Gabriel Mendez, D. Rodríguez, F. Maximilano (1), Manuel Campos (3), D. Figueirido (3), Daniel Arcila (1), Andre De Moura (1), Pablo Blanco, D. Fernández (2), J.M. Ferrero (1).