O Goldie Xiria viuse superado polo líder Carballal

Carballal La Seyolca 35 – Goldie Xiria 16 (15-6)

 Carballal La Seyolca 35 : Sofía  (porteira), Ines 6, Laura 2, Paula 4, Andrea 1, Aida 1, María 2, Quintana 11, Sara 1, Sandra e Beatriz 7

Goldie Xiria 16 (6): Brenda Noya  e Aida Cangas (porteiras) Tamara Pombo 1, Jessica Posse 6, María Gómez, Cristina Gende 2,  Adriana Gómez, Patricia García, Marta Regueira 3, Zeltia Landeira 1, Natalia Solis 3 e Sheila Ferreiro .

Marcador cada 5 min .:   /2-1/  /5-2/  /6-5/  /9-5/  /11-6/  /15-6/   /19-7/ /21-9/   /24-10/   /26-12/  /31-14/  /36-16/

 Arbitraron: Victor Rivera e Rogelio Rojas, excluiron a Natalia solis polo Xiria

150 espectadores no Pavillón do Candeán de Vigo.

So aguantou o Goldie Xiria as investidas do líder, Carballal, durante os primeiros 15 minutos. Souberon abordar as xogadoras do Xiria a defensa adiantada e presionante das contrarias, e a vez estar intensas e concentradas na defensa. Logo, a calidade de lanzamento e recursos do Carballal, xunto coas intervencións da súa porteira, permitiulle incrementar o marcador cara o descanso.

Volveu a meterse no encontro o Goldie, aproveitando para facer bos momentos contra o mellor rival da categoría. Apareceu con moita efectividade o xogo co dobre pivote, o lanzamento exterior, pero non tivo o seu día polos extremos, algo que lle ben a pasar factura no marcador nos derradeiros encontros e que se deberá mellorar.

A vindeira semana o Goldie Xiria pechará a competición deste 2014, recibindo ao derradeiro clasificado, Auria Ourense, agárdase despedir con unha vitoria este 2014