Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Infantil masculino

O Garaysa Xiria tamén estrea o seu casilleiro na casa

Os carballeses que seguen mellorando na parcela defensiva; a través do traballo nos adestramentos; impuxéronse con claridade ao Seis do Nadal. partido púxose de fronte desde o primeiro momento; xa…

Os carballeses que seguen mellorando na parcela defensiva; a través do traballo nos adestramentos; impuxéronse con claridade ao Seis do Nadal.

partido púxose de fronte desde o primeiro momento; xa que o Garaysa Xiria; suplía con intensidade e carácter; os pequenos erros defensivos; e tamén a achega de Darío e Mateo desde a portería impedía aos de Vigo manterse no partido.

As diferenzas foron en aumento, ata chegar ao 41 a 19 final.
Na seguinte xornada o Garaysa Xiria viaxa ata Cangas para enfrontarse ao Luceiros; equipo de base do Cangas de Asobal.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Ceip Fogar ante un centear de seareiros de ambos conxuntos, que estiveron moi animados. Colexiado: Jose Henrique Folgoso do colexio galego.

GARAYSA XIRIA 41 ( 18 + 23 ): Darío Calviño [p], Mateo Pallas [p], Andrés García, Ángel Viña, Esteban Puñal, Julián García, Martín Fuentes, Mateo Pallas, Alberto Rodríguez, Miguel Goimil, Pedro Porteiro.

SEIS DO NADAL 19 ( 8 + 11 ): Mario González, Iago Feijoo, Antón Seijo, Pablo Fernández, Miguel Méndez, Gabriel García, Martín Campos, Diego Raposo, Guimaráns Álvarez, Fernando Plaza, Hugo Morales, Javier García, Samuel Senra.

Próximo partido

Máis sobre isto