Remontada e triunfo do Goldie Xiria en Vigo diante do Lavadores
Balonmán Lavadores 23 Goldie Xiria 24 (17-13) Gran remontada das carballesas en Vigo, despois de ir todo o partido por detrás no marcador. Non atopou os axustes defensivos o Goldie…

Balonmán Lavadores 23 Goldie Xiria 24 (17-13)
Gran remontada das carballesas en Vigo, despois de ir todo o partido por detrás no marcador.
Non atopou os axustes defensivos o Goldie nos primeiro 30 minutos, o que supuxo unha considerable vantaxe para o Lavadores, chegaban as viguesas a lanzar comodamente a portería trasformando en gol cada ocasión.
Pese a elo, o Goldie saíu con outra cara e sobre todo con paciencia na segunda metade, foi recortando distancias no marcador, o perigo do dobre pivote do ataque do Lavadores foi axustado, e en ataque a mobilidade e acerto facían que o marcador se axustase nos derradeiros minutos. Un mellor saber estar e a intensidade defensiva ata o final, dou a vitoria final para o Goldie Xiria, deixando ao seu rival en tan so 6 goles na segunda metade.
Balonmán Lavadores: María e Paula (porteiras), Sheila 2, Monserrat, Jennifer 1, Nerea 2, Lucía 1, Yolanda 1, Estefanía 6, Andrea 5, Alonso 1, Roa 2, Nuria 2, Eva e Ana.
Goldie Xiria: Brenda Noya (porteira), Natalia Solís, Leticia Casal 2, Adriana Gómez 2, Patricia García, Jessica Posse 5, Sheila Ferreiro, Alba Pombo, Marta Regueira 3, Zeltia Landeira 4, Elena Segade 2, Ainoa Míguez, laura Carracedo 5 e Raquel Gómez 1.
Marcador cada 5 min: /3-1/ /5-4/ /8-6/ /12-8/ /13-10/ /17-13/ /18-14//19-18/ /20-18/ /21-21/ /23-23/ /24-23/
Arbitraron: José María García e Diego Vázquez, excluiron a Estefanái e Nuria polo Lavadores e a Leticia e Raquel polo Goldie Xiria