O Garaysa Xiria vence ao Teucro pola mínima nun emocionante encontro

Garaysa Xiria – 27 (12+15): Pedro (3), Urbieta (5), Mario (1), Manuel, Alex (12), Iago (1), Adrián (2), Julio, Iker (3), Franco, Xurxo e Brian.

S. D. Teucro – 26 (13+13): Juan E. (2), Juan P. (3), Mario (8), Daniel (6), Javier (1), Eduardo, Uxío (1), Mario (2), Diego, Anxo e Tomás (3).

Os locais xogaron este Domingo o seu mellor encontro da tempada ante o Teucro, que pese a ir gran parte do tempo por riba no marcador vía como o Garaysa remataba arrebatándolle a vitoria nos últimos minutos.

Os carballeses comezaron un pouco nerviosos e caían en despistes que eran ben aproveitados polos lanzadores teucristas para tomar as primeiras vantaxes do encontro, sen embargo o Garaysa sempre se mantivo preto no marcador.

Na segunda metade o Xiria saíu coas ideas moi claras e convencido de poder gañar o encontro. A defensa volveuse máis intensa e as axudas comezaron a chegar a tempo, o Teucro vía impotente como gran parte dos seus ataques remataban co balón nas mans dalgún defensor do Garaysa. Alex estivo moi inspirado de cara ao gol e Urbieta era un pesadelo para os atacantes rivais. Os 5 últimos minutos foron de infarto, o Xiria estivo máis atinado e levouse unha vitoria que deixa moi bo sabor de boca.

A vindeira xornada a expedición do Xiria viaxa a Cangas para enfrontarse ao Luceros, partido importante para seguir escalando postos na táboa.

 

Clasificación 5ª Xornada

Clasificacion