O Goldie Xiria, apunto de estrear a súa marcadora en Tui

O Goldie Xiria estivo moi preto de estrear a súa marcadora en liga no día de onte. Foi na quinta xornada do campionato, na pista do BM. Tui, onde as bergantiñás demostraron unha clara evolución no seu xogo, sobre todo no referente á faceta defensiva. O conxunto local sempre se mantivo por diante no marcador, pero as de Carballo non lle perdían a cara ao partido e, tras uns inicios irregulares, irían crecendo no encontro a medida que avanzaba o tempo. As defensas impúñanse claramente aos ataques, con serias dificultades para perforar ambas as portarías, de aí o 4-3 que reflectía o marcador no minuto vinte ou o 7-4 ao finalizar o primeiro acto. A segunda parte aínda foi máis igualada e os algarismos parciais así o referendaban (9-9 no segundos trinta minutos). No tramo final, as de Xiria achegábanse a dous goles, rozando a posibilidade de sacar algo positivo deste desprazamento, pero o seu rival soubo manexar perfectamente a pequena diferenza que tiñan e levar os dous puntos en xogo. O resultado final, ese 16-13, ratifica a mellora das mozas do Goldie Xiria, un crecemento que xa se viu na primeira parte contra o BM.Porriño e sobre todo na segunda da pasada semana, contra a SD.Teucro. Para a semana, o Goldie Xiria terá un novo desprazamento, esta vez a Lalín, onde esperan dar un paso máis e poder facer fronte ao conxunto local, o Coretti Lalín.

BM. Tui: 16 (7+9). Noemi Romero, Andrea Gregores, Begoña Toucedo (1), Antía Pereira (1), Eva Álvarez (1), Nerea Míguez (2), Andrea Iglésias (3), Estefanía Pérez (1), Susana Pérez (4), Monica Rodríguez, Lara Sánchez (2), Alba Ferreiro (1), Nerea Sánchez, Patricia Fernández.

Goldie Xiria: 13 (4+9). Brenda Noya, Uxía Pazos, Nuria Noya, Saray Couto, Alba Rodríguez, Sheila Ferreiro (1), Jessica Posse, Raquel Gómez (5), Juana Garrochena (3), Adriana Groba, Sara Pombo (1), Tamara Pombo(2), Natalia Solís (1).

Parciais cada 5´: 2-0 / 2-1 / 3-1 / 4-3 / 5-3 / 7-4 -Descanso- 8-4 / 8-6 / 10-6 / 11-8 / 14-10 / 16-13 -Final. 

Arbitros: Roberto Trigo e Carlos Alonso. Sen complicacións.

Incidencias: Encontro da quinta xornada (liga 2016/17) en 1ª Autonómica feminina, disputado no Novo Pavillón de Tui ante un centenar de siareiros.

Clasificación:

clasificacion-quinta-jornada