Visita a Ourense do Garaysa para enfrontarse ao Nova Xestión Pabellón na mañá do domingo. Os carballeses partían como favoritos para levar os dous puntos, vendo a diferenza na clasificación que separa a ambos os conxuntos. Pero a pista, é a marca a pauta do partido e os locais non se deixarían gañar tan facilmente.
No inicio, o Novo Pabellón marcaría un ritmo lento do cal o Garaysa custaríalle moito saír; coa defensa moi estática, sen presión nin basculación, chegaban lanzamentos en zonas céntricas difíciles de parar e en ataque a pasividade colectiva creaba accións individuais e rápidas, con lanzamentos precipitados. Chegábase ao descanso cos visitantes por diante 8 a 13 grazas en parte á superiodade física.
Na continuación, os carballeses mudaron totalmente a súa actitude e fixéronse co control do partido, traballando arreo en defensa; subindo o contraataque cando era necesario e en ataque posicional puidéronse ver accións colectivas moi boas, onde o Novo Pavillón viuse incapaz de reaccionar ante a avalancha visitante. O resultado nesta segunda parte sería de 5 a 17 para un reconto final de 13 a 28; plasmando así unha nova vitoria que permite ao Garaysa Xiria seguir no liderado da división de honra infantil.
Na seguinte xornada o Garaysa Xiria visita a pista do BM Chapela, en Redondela.
Incidencias: Partido disputado no pavillón Central Os Remedios ante un centenar de seareiros. Colexiado: Anabel Olleros Vázquez do colexio galego. / 7 metros: Novo Pabellón 1/1 // Garaysa Xiria 0/1
Marcador cada 5 minutos: 2-5, 3-5, 4-7, 4-10, 8-13, descanso, 8-14, 8-15, 8-18, 12-22, 13-28.
NOVA XESTIÓN PABELLÓN 13 ( 8 + 5 ): Adrián Álvarez, Salvador De Cristofaro (4), Pablo Pérez, Mariu Mihal Stancu, Álvaro Díaz, Luis Melchor Chacón (1), Raúl Carcacia (2), Martín Carballo, Ismael González, Darío Mares (6), David Fraguas.
GARAYSA XIRIA 28 ( 13 + 17 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Aarón Rodríguez (2), Carlos Varela (2), Mario Cancela (5), Daniel Mallo (7), Fernando Mallo (3), Juan Pereira (3), Diego Antelo (2), Julián García (2), Javier Rodríguez, Antonio Calvelo (1), Pablo Esmoris (1).