O Goldie Xiria cae ante o Coreti Lalín nunha mala primeira metade

Non foi un bo día para os intereses do Goldie Xiria, que minguado polas baixas non saía suficientemente concentrado na competición e pagaríao cunha derrota a domicilio.
Desde o inicio do partido o 6:0 exposto polas visitantes facía augas. Os 19 goles encaixados nesta primeira metade, resumen o ton defensivo que mostrou o equipo.
O Goldie Xiria afeito defender e correr, non soubo como frear ás de Lalín.
 
Tras o descanso, e con 19 a 9 no marcador. O Goldie Xiria saía disposto a cambiar a súa imaxe e con nada que perder e a través dunha defensa máis presionante chegou a poñer o marcador en 21 a 17, pero a falta de efectivos fixo caer o ritmo de xogo e as de Lalín impuxéronse como o levaban facendo todo o partido.
 
A recuperación de xogadoras á hora do adestramento semanal permitirá ao Goldie volver ao nivel alto que leva mostrando durante a tempada.
A semana que vén enfróntase ao Bm Cañiza a domicilio.
Coreti Lalón 30 – Goldie Xiria 21
 
Coreti Lalín: Julia Cortizo, Carla Cacheda, Zaída González, Laura Arguiñariz, Sara Gómez, Támara Seijas, Manuela Pereira, Uxía Pérez, Noelia Martínez, Laura Suárez, María González, Tania García, Sandra Blanco, Celia Pedreira.
 
Goldie Xiria: Sara Pose ( p), Juana Garrochena, Aida Vizcaino, Mina Ribullén, Alba Rodríguez, Jessica Posse, Eva Calvelo, Saray Couto, Támara Pombo, Elena Segade, Sheila Ferreiro, Raquel Gómez.
 
Marcador cada 5 minutos: 4-0, 6-3, 9-5, 12-7, 16-9, 19-9, descanso, 21-12, 21-16, 25-17, 26-19, 30-20, 30-21.
 
Árbitros: José Pérez e Cristina Olleros do colexio galego.
 
Incidencias: Partido correspondente á vixésimo primeira xornada da Primeira División Autonómica Feminina dispùtado no pavillón Lalín Area ante uns 100 espectadores.