Na mañá de onte as nosas nenas viaxaron de novo o pabillón municipal de Areal en Camariñas para disputar os partidos contra os conxuntos de Muxía e Camariñas A.
Tocábanos afrontar encontros complicados, contra dous equipos moi consolidados e con máis experiencia no xogo ca nós e a clasificación na táboa así o demostra. Malia iso os dous equipos mostraron gañas e garra como nunca o fixeron ata o de agora para intentar gañar o partido. Foron capaces de loitar cada balón e intentar chegar a portería unha e outra vez.
De momento os resultados non están acompañando o esforzo das nosas nenas, pero pouco a pouco están a demostrar que son equipos con carácter gañador e que todo o que están a aprender nos adestramentos se está consolidando. Están sendo conscientes que a clave está na defensa e así o demostraron onte estando pendientes do seu opoñente directo e axudando as compañeiras cada vez que eran revasadas.
Garaysa Xiria-Muxía: 02-06
1º Cuarto: 01-10
2º Cuarto: 03-12
3º Cuarto: 06-03
4º Cuarto: 02-09
Garaysa Xiria: Sara Rial (6), Mencía Rodriguez (4), Sofía Rey(2), Noa Quintela, Clara Graña e Sam López.
O partido comezaba cas nenas do Garaysa adurmiladas, sen ser capaces de ocupar espazos por todo o campo e sen estar pendientes na defensa dos rivais. Deste xeito o Muxía lanzaba unha e outra vez sen casi oposición. Pouco a pouco o equipo mudou de actitude, desmarcándose e defendendo con garra o que facía que o terceir cuarto caera do lado do noso equipo.
De novo destacar as paradas na portería de Clara pero sobre todo destacar o cambio de actitude do equipo intentando que os nenos de Muxía meteran o menor número de goles posible.
Camariñas A -Grupo Lemaco: 06-02
1º Cuarto: 11-05
2º Cuarto: 09-04
3º Cuarto: 03-07
4º Cuarto: 07-06
Grupo Lemaco Xiria: Carla Martínez (1) , Julia Verdes (4), Xulia Suárez (3), Andrea López , Nerea Figueiras(1) , Elena González (8), Cecilia García (5).
As nenas do grupo Lemaco foron capaces de plantarlles cara a un equipo de Camariñas que ten xogadoras que xogan xa na categoría infantil e así tuveron a punto de empatar o encontro.
Comezaban mal no primeir cuarto as carballesas, pero pouco a pouco foron sentindose máis seguras no campo e con moitas interceptacións nos pases rivais, pases os espazos libres e sobre loitando por cada balón foron capaces de gañar o terceir cuarto e perder de solo un gol o último.
Actitude sobresaliente de todo o equipo que demostrou o gran progreso que están a ter.


