O Goldie Xiria Carballo a un Paso derrota sin complicacións ao Balonmán Taboada

Goldie Xiria 42 Balonmán Taboada 3   (22-2)

Non atopou rival o Goldie este sábado, diante estaba un equipo moi inferior creado esta tempada, e que prevese que reciba goleada tras goleada nos seus partidos.

Aproveitou o encontro o Goldie Xiria para dar minutos as súas novas incorporacións xuvenís e as menos habituais, que responderon amosando calidade e sobre todo gañas nas súas accións, deste xeito dúas das debutantes, Laura Carracedo e Elena Segade convertéronse nas máximas xogadoras do encontro e nas xogadoras máis activas.

Non tivo maior historia o encontro que a do Goldie esperando en defensa para recuperar o balón e saír con rápidas transicións, aínda así a porteira rival, Andrea, foi a xogadora máis destacada no seu equipo, evitando unha maior goleada.

Goldie Xiria Carballo a un Paso 42: Leticia Casal (porteira) Natalia Solís, 3, Tamara Pombo 6, Adriana Gómez 1, Jessica Posse 4, Sheila Ferreiro 2, Alba Pombo 1, Marta Regueira 5, Zeltia Landeira 3, Ainoa Míguez 2, Elena Segade 7 e Laura Carracedo 8.

Balonmán Taboada 3 : Andrea (porteiras), Rut 1, Sonia, Jessica, Lucía 1, Oliva 1, Ana, Olatz, Noelia, Alba, Lara e Nerea

Marcador cada 5 min: /1-1/ /1-2/ /4-3/ /5-6/ /6-9/ /7-11/ /7-13//10-15/ /12-16/ /13-17/ /16-17/ /16-18/

Arbitraron: Gabriel Folgoso e Pablo González, excluiron Rut (2), Jessica, Lucía e Nerea polo Bm. Taboada

Na vindeira semana o Goldie Xiria Carballo a un Paso desprazarase a Cangas