O Hierros Varela Urbieta imponse con autoridade ao Bueu ATL. Balonmán

O Hierros Varela Urbieta segue confirmando, partido tras partido, a súa clara melloría nesta segunda volta. Así, o pasado sábado, impúxose con autoridade ao Bueu ATL. Balonmán, evitando calquera tipo de sorpresa ante o último clasificado.

Despois do 1-1 inicial, o Hierros Varela Urbieta poñería a directa e pecharía filas ao redor da porteira Elena, que só encaixaría oito goles neste primeiro período. A velocidade ao contraataque aumentaba rapidamente os rexistros a favor das locais, que se marchaban ao descanso deixando o partido visto para sentenza (22-8).

Lonxe de baixar os brazos, as de Carballo, sumidas nun evidente estado de graza, continuarían traballando de forma seria e eficaz, tanto, que os algarismos deste segundo acto serían aínda maiores. O ritmo imposto polas de Xiria sería moi alto e faría moito dano a un rival que se iría diluíndo co paso dos minutos.

A vitoria final, deixa ao equipo cunhas sensacións inmellorables e fai posible que o Hierros Varela Urbieta suba un posto na táboa clasificatoria, superando ao ATL. Guardes que non puido sacar nada positivo na súa visita a Lalín.

Hierros Varela Urbieta: 50 (22+28). Lucía Lema (p), Elena Collazo (p), María Patiño (5), Nerea Varela (12), Stefanía Landri, Lucía España, Anna Mª Hernández (2), Natalia Cancela (1), Lara Otero (10), Uxía Suárez (2), Coral Ruibal (1), Marta Gómez (3), Valeria Figueroa (7), Nina Pereira (3), Leticia Santos (4).

Bueu ATL. Balonmán: 12 (8+4). Carla Soliño (5), Lucía Torres, Laura Agulla (1), Rocío Novas (1), Carla Ferradas, Uxía Arias, Carmen Villar, Sofía Giráldez, Aurora Cerviño (1), Sara Durán (1), Maica Morgado (3).

Colexiado: Pablo Barreiro. Ben en liñas xerais.

Incidencias: Encontro correspondente a 19ª xornada na categoría DH Cadete Feminina disputado no pavillón Vila De Noia o pasado sábado. Cerca de cincoenta persoas que puideron ver o bo partido das rapazas do Hierros Varela Urbieta.