O Goldie Xiria culmina a remontada ante o Saeplast Bm Cañiza ?

Encontro con moitas emocións, continuos altibaixos de ambos os conxuntos e onde o Goldie Xiria remontou ata por tres ocasións un resultado adverso; para finalmente levar a vitoria e seguir progresando na clasificación xeral.

Os primeiros minutos do partido, ambos os equipos con moitas imprecisións e precipitacións no ataque, mantuveron a igualdade ata o minuto 10. Pero a río revolto, sóubose mover mellor o Bm Cañiza que chegou a dispoñer dunha vantaxe de ata 5 goles, conseguindo goles á contra con facilidade. Aproveitaba un baixón das visitantes cara o final da primeira parte para recortar diferenzas ata os 3 goles. Ao descanso 11 a 14.

Na continuación; o cambio defensivo do Goldie Xiria, atragantouselle ás da Cañiza que se mantiñan no partido grazas aos goles de Carla Abad e Lucía Afonso, sabendo xogar en superiordade númerica. Pero unha vez axustados os conceptos defensivos, o Goldie Xiria, púxose por diante no marcador por vez primeira no partido no minuto 42.

O cansazo da remontada empezábase a notar nas pernas das xogadoras carballesas, e as visitantes lograban poñerse de novo dous goles por encima. Os cambios proporcionaron ao Goldie Xiria, o osíxeno necesario para seguir pelexando e as intervencións de Nadia no 6 metro, conseguían poñer un gol por riba ao Goldie, a falta de 7 segundos. Tempo morto das visitantes, que xogarían o último ataque con 7 xogadoras; pero a intervención defensiva de Aida, daba un novo gol a portería baleira. Final emicionantísimo e dous novos puntos para o Goldie Xiria.

A semana que vén, o Goldie Xiria enfretarase ao Bm Moaña a domicilio; segundo clasificado. Unicamente, sepáralles un punto. É unha boa oportunidade, para seguir crecendo e progresando. O partido espérase igualado, e serán os pequenos detalles os que decidan o resultado final. O preparador carballés, Adrián Dubra, espera recuperar a todos os seus efectivos ao longo da semana.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila De Noia ante uns centocincuenta seareiros que estiveron moi animados. Colexiado: Carlos Calvar e Julio Villanueva do colexio galego. Sen complicacións.

GOLDIE XIRIA 28 ( 11 + 17 ): Nadia Vázquez [p], Sara Pose [p], Juana Garrochena (1), Alba Rodríguez (3), Natalia Solís (2), Soraya Martínez, Eva Calvelo, Mina Ribullén (4), Aida Vizcaíno (5), Jessica Posse (4), Saray Couto, Elena Segade (2), Sheila Ferreiro (4), Raquel Gómez (2), Támara Pombo (1).

SAEPLAST BM CAÑIZA 26 ( 14 + 12 ): Alexia Penabella, Blanca Vázquez, Ana Rodríguez, Esther Ogando (1), Iria Gómez (1), Xeila Pérez, Carla Abad (6), María Guerrero, Melisa Mariño (3), Patricia Rodríguez (3), Lucía Alonso (5), Olalla Penabella (1), Eva Canal (1), Uxía Martínez (2), Cheng Wenjing (1), Emma Pérez (2).