O Goldie Xiria empata contra o invicto Carballal

Xornada 7 da segunda autonómica feminina, na que se disputaba un partido que tivo de todo e alcanzábase un empate que deixou aos dous equipos con ganas de máis. O Goldie Xiria demostrou ante o A.D. Carballal; que quere seguir progresando na competición e que os adestramentos son un claro exemplo para tratar de lograr novas metas.
Ás do Goldie custoulles arrincar nos primeiros minutos; ante o poderío que asomaba o Carballal. Moita precipitación no ataque posicional e unha defensa falta de contacto; levaba o marcador ao 3 a 8 en apenas 10 minutos. Os axustes na parcela defensiva; e o aumento de ritmo no xogo do Goldie permitiu volver meterse no encontro antes de chegar ao descanso. 12 a 13.
Na continuación; puidéronse ver os mellores momentos do partido; as visitantes apertaban con todas as súas armas e o Goldie Xiria, coa defensa ben coordinada, e un xogo fluído en ataque collía unha vantaxe de 3 goles.
Tempo morto do adestrador visitante; e cambio de sistema defensivo ao 3:3; que sufriron as carballesas, xa que que nese intre estaban con 4 xogadoras en pista durante dous minutos.

Con todas as xogadoras sobre a pista o Carballal seguiu presionando; o que lle permitiu conseguir unha pequena vantaxe no marcador. Moita tensión sobre o Vila de Noia xa que se achegaba o final do partido e o Goldie perdía dun e defendía. Conseguiu recuperar o balón e a través dunha boa fixación no lado dereito sobre a defensa viguesa; permitiulle a Támara atoparse cun lanzamento desde o centro logrando o empate a falta de 15 segundos; onde o Carballal fallaba o último lanzamento ante Nadia.
A seguinte semana, o Goldie Xiria; volve xogar en casa; pero esta vez faio fronte ao Nova Xestión Pavillón Ourense. Unha boa ocasión para achegarse aos postos altos da clasificación.
Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia ante un centear de seareiros. Colexiado: Roberto Trigo Gómez do colexio galego. Sen complicacións. Excluíu a Natalia Solis (37´,44´,50´) e  Sandra Santos (13´,58´) por parte do Goldie Xiria.

GOLDIE XIRIA 23 ( 12 + 11 ): Sara Pose [p], Nadia Vázquez [p],  Juana Garrochena (2), Alba Rodríguez (2), Támara Pombo (3), Natalia Solís (5), Jessica Posse (3), Saray Couto, Soraya Martínez, Sandra Santos, Elena Segade (1), Sheila Ferreiro (2), Zeltia Landeira (5).

A.D. CARBALLAL 23 ( 13 + 10): Xulía Pereira [p], Uxía Alonso, Támara Gil (2), Yaiza Terleiro, Alba Rodríguez (2), Patricia Vila (1), Carla Soto (1), Laura Carracedo (1), Cynthia Bello (6), Ainoa Da Rocha (2), Sara Villarroel, Ana Mateo, Carla Caride (5), Irene Mallo, Paula Alonso (3).