Gran vitoria do Laber Xiria diante do Teucro pontevedrés.

Laber Xiria 31 – SD Teucro 29 (16-13)

Paso adiante nas aspiracións dos xuvenís do Xiria e na confianza do equipo, este domingo os xogadores demostraron que poden alcanzar moito mellor nivel si a intensidade e a concentración se manteñen os 60 minutos de partido.

Comezaba o Laber Xiria con anticipación defensiva e golpeando a contra con velocidade e acerto cara a gol, un parcial de 5 a 2 prendía as alarmas no rival, que soubo reaccionar e darlle a volta momentánea ao partido. Pero tiña claro o Xiria que esta batalla ía con eles, e volveu a corrixir as súas liñas defensivas do 6:0, a circular con velocidade en ataque e a dominar no marcador cara o descanso.

Quedaban por diante 30 minutos, o Teucro medio forzou ao premer cunha mixta sobre Andrés Vila e adiantar as súas liñas defensivas para disuadir ao rival, pero o Xiria atopou solucións nos desdobramentos e en conseguir que Vila recibise en boas situacións de lanzamento. Na outra área a defensa do Xiria cun compacto 6:0 era un muro para os pontevedreses, que buscaban a efectividade dos seus extremos, os máis acertados da mañá, pero o Laber cerraba ben abortando as opcións do rival. Cun 31a 29 cerrábase o encontro con dous puntos importantes para a clasificación.

Grupo Lemaco Xiria 31 (16): Samuel Castiñeiras e Diego Lema (porteiros) Andrés Vila 10, Fran Rey 5, Santi Oreiro 5, Andrés Urbieta 2, Pablo Cambón , Manuel Sánchez, Roi Alfeirán, Renzo Díaz, Brais Vila 3, Iker Martínez 1, Iago Rincón 5 e Dani Trigo

SD Teucro 29 (13): Eduardo Lores e Javier Codina (porteiros) , Manuel Escudero, Martín Suárez 8, Sérgio Pérez, Cristian Rameseiro 12, Tomás Omil, Juan Estevez 2, Pedro Estevez 3, Gonzalo Domínguez 3, Mario Chan 1 e Omil Ravier.

Marcador cada 5 min: 5-3/ 5-6 / 8-9/ 12-11/ 14-11/ 16-13/ 18-16/ 21-18/ 23-20/ 26-24/ 28-25/ 31-29

Arbitraron: Gabriel Folgoso e Henrique Folgoso, sen complicacións