O Goldie Xiria gaña nunha complicada visita a Caselas

Complicoulle moito o partido o Balonman Caselas, ás do Goldie Xiria, que durante a primeira parte, xogaron ao ritmo que querían as locais. Foron 30 minutos nos que unicamente Juana Garrochena e Nadia Vázquez rendían ao nivel esperado. O equipo contaxiouse do xogo das de Caselas e sufriu para chegar ao descanso 12 a 9.

Soubo reaccionar na segunda parte, e fíxoo a través da súa defensa 6:0 e en ataque coa fluidez de balón á que nos teñen afeitos. Chegaron a ter vantaxes de ata 3 goles; que non foron máis, grazas ao labor das dúas porteiras locais, que conseguiron deter ata 3 lanzamentos de 7 metros.

O importante, para o Goldie Xiria, é que conseguiu levar dous puntos máis para a clasificación, nun encontro que tiveron que sufrir e loitar para manterse nos postos altos da táboa.

A semana que vén, o Goldie Xiria recibe a visita do Saeplast Bm Cañiza, equipo que conta nas súas filas cunha das máximas goleadoras da categoría, Carla Abad. A afección carballesa que leva 3 semanas sen ver ás súas xogadoras no Vila de Noia, deberá ser un factor moi importante á hora de apoiar e animar para que as bergantiñás sigan pola boa senda.

Incidencias: Partido disputado no pavillón municipal de Salceda ante uns centocincuenta de seareiros. Colexiados: Óscar Fernández y Christian García. Sen complicacións.

BALONMÁN CASELAS 20 ( 12 + 8 ): Paula Pereiro (6), Sheila Gómez, Antia González (7), Paula Abril, Iria Estévez (1), Ana Álvarez, Lorena Fernández (1), Aida Suárez (1), Miriam Barbosa, Patricia Torres (1), Zara Martínez (3), Rocío Silva.

GOLDIE XIRIA 22 ( 9 + 13 ): Nadia Vázquez [p], Sara Pose [p], Juana Garrochena (2), Alba Rodríguez (1), Natalia Solís, Eva Facal, Mina Ribullén, Aida Vizcaíno (2), Jessica Posse (3), Saray Couto, Elena Segade (4), Sheila Ferreiro (3), Raquel Gómez (4), Támara Pombo (3).