O Goldie Xiria perde en Tui nunha mala segunda metade

Non foi unha boa tarde para o Goldie Xiria que perdía en Tui moitas opcións de pelexar por estar entre as primeiras clasificadas. Cabe lembrar que o obxectivo principal non é ese; aínda que, non deixarán de loitar por chegar a cotas altas; desde o sacrficio e a entrega nos adestramentos.
A primeira metade, as xogadoras do Goldie topáronse coa porteira local, durante os primeiros instantes realizou paradas de moito mérito; mantendo ao seu equipo por diante no marcador con diferenzas de 3 goles. Pero o Goldie que a través do seu 5:1 tampouco lle perdía a cara ao encontro, mantiña o resultado con algarismos baixos; o que permitiu que nos instantes finais da primeira parte, cunha mellor selección de lanzamentos marchásese ao descanso gañando 9 a 10.
Na segunda metade, as visitantes parecían quedarse no vestiario; encaixando un parcial de 4 a 0. Tentaron reaccionar desde o banco pero tanto a defensa como o ataque volveuse demasiado individualista; e mentres as forzas aguantaron en ataque, o marcador manexouse cunha máxima diferenza de 5 goles en contra. Quenda para as exclusións dos dous equipos, con moitos erros na parcela defensiva, encaixando goles en inferioridade númerica; as do Goldie estiveron un pouco máis acertadas e recortaban ata o 23 a 20; pero a frustración nos minutos finais; en forma de exclusión; tirou pola borda calquera indicio de vitoria e deixaba o marcador cun 25 a 20.
Derrota dolorosa, das que hai que tratar de levantarse canto antes; para iso o Goldie Xiria terá a semana que vén un dobre enfrontamento. O venres recibe no Ceip Fogar ao Asmubal Meaño e o sábado no derbi ao Encaixe Camariñas Conservas Aboia.
Balonman Tui 25 – Goldie Xiria 20

Balonmán Tui: Noemi Romero, Muti Barciela, Andrea Gregores (1), Begoña Toucedo (3), Sandra Araujo (2), Nerea Míguez (5), Andrea Iglesias (4), Ana Pereira (2), Paola Iglesias, Sonia Rodríguez (7), Laura Troncoso (1), Ana Alfaya.

Goldie Xiria: Nadia Vázquez (p), Sara Pose (p), Juana Garrochena, Aida Vizcaíno (2), Mina Ribullén, Alba Rodríguez, Jessica Posse (3), Eva Calvelo, Saray Couto, Elena Segade (6), Sheila Ferreiro (1), Raquel Gómez (8) y Soraya Martínez.

Marcador cada 5 minutos: 3-1, 4-1, 6-3, 6-4, 8-7, 9-10, descanso, 13-11, 17-14, 19-16, 20-17, 22-19, 25-20.
Árbitros: Roberto Trigo e Inocencio Pérez do colexio galego. Incidencias: Partido correspondente á decimoséptima xornada da Primeira División Autonómica Feminina dispùtado no Pavillón de Tui ante uns 100 espectadores.