O Grupo Lemaco Xiria gaña no Gatañal

Partido correspondente á xornada 15 da división de honra cadete masculina.
Viaxaba ata Cangas para enfrontarse ao Luceros un Grupo Lemaco Xiria con gañas de seguir sumando puntos na clasificación.
Estánselle atragantando os momentos iniciais dos encontros ao Grupo Lemaco que adoita empezar cun ritmo baixo e demasiadas imprecisións, independentemente do resultado. E o Gatañal non é unha pista fácil de gañar precisamente; polo que ían ter que empregarse a fondo para sacar os dous puntos en xogo .
E é que os locais foron toda a primeira metade por diante grazas a un mellor acerto de fronte ao gol; conseguían ir ao descanso 14 a 13. Pero na continuación a defensa dos visitantes reaccionaría tanto no 5:1 como no 6:0; e un ritmo de partido difícil de seguir para o Luceros non deixou de tentalo; como demostra o marcador final de 26 a 29.
Boa e traballada vitoria dos de Carballo que a semana que vén reciben ao Bm Culleredo nun derbi en que os visitantes se xogan estar entre os 5 primeiros clasificados que dan dereito a estar na fase final.

Incidencias: Partido disputado no pavillón O Gatañal en Cangas, ante uns 100 seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: Andrés Tejo do colexio galego.

LUCEROS EL HORMIGUERO 26 ( 14 + 12 ): Miguel Hermelo, Eloy González, Víctor Costas, Pablo Rodríguez, Xosé Paz, Manuel Pérez, Xerom Magda, Javier Freire, Rubén Augusto, José Manuel Mera, Iván Taboas, Gael Blanco, Carlos Menduiña.

GRUPO LEMACO XIRIA 29 ( 13 + 16 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Daniel Mallo, Álex Puñal, Áaron Rodríguez, Mario Cancela, Antonio Calvelo, Pablo Esmoris, Andrés García, Carlos Varela, Fernando Mallo, Julián García, Diego Antelo, Martín Fuentes, Miguel Goimil, Javier Rodríguez.