O Goldie Xiria remata o partido nunha excelente primeira parte

Na décima xornada da segunda autonómica feminina; o Goldie Xiria recibía a visita do lastrado polas baixas; Bm Lucus. O Goldie que está a ter problemas para adestrar con normalidade nas últimas semanas; e ao que os resultados non lle estaban acompañando; chegaba con demasiadas dúbidas no seu xogo a este partido.
O forte ritmo imposto polas carballesas; na primeira parte; coa defensa intensa; corrixindo os pequenos erros con ganas e traballo defensivo; permitía continuos contraataques; en primeira e segunda ondas.
A boa organización na transición defensa-ataque; permitía levar o balón rapidamente aos espazos da defensa lucense, que se viu superada e goleada nestes primeiros 30 minutos. 18 a 5 ao descanso.
A segunda parte; brillou pola ausencia de intensidade local; totalmente relaxadas; permitindo demasiadas facilidades a un Bm Lucus que maquillou o resultado final. 30 a 20.
Dous puntos na marcadora do Goldie Xiria; que ben puido marcharse do partido con mellores sensacións. A seguinte semana; as de Carballo viaxan ata Camariñas, para enfrontarse no derbi provincial ao Encaixe Camariñas. O partido disputarase o sábado día 2 ás 16:30, no pavillón Ponche do Porto.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia ante un centear de seareiros. Colexiado: Pablo Manuel Barreiro Suárez do colexio galego. Sen complicacións.

GOLDIE XIRIA 30 ( 18 + 12 ): Nadia Vázquez [p], Sara Pose [p], Juana Garrochena (2), Alba Rodríguez (3), Támara Pombo (7), Natalia Solís (5), Jessica Posse (2), Saray Couto, Soraya Martínez, Elena Segade (5), Sheila Ferreiro, Sandra Santos, Raquel Gómez (1), Zeltia Landeira (5).

BM LUCUS Comercial Agrícola Emilio 20 ( 5 + 15 ): Estella Vázquez [p], Tania Carrete (2), Gloria García, Cristina Seijas (3), Cristina Méndez (2), Iria Real, Ainhoa Sánchez, Brenda Barreiro, Alba Ferreiro (4), Sabela Freire, Karina Hippert (9).