Dobre vitoria dos alevíns en BM.5
Dous dos tres conxuntos masculinos de balonmán 5 en categoría alevín, competían este Sábado no pavillón de Galán (Arteixo) e ambos os equipos foron capaces de conseguir unhas meritorias e…

Dous dos tres conxuntos masculinos de balonmán 5 en categoría alevín, competían este Sábado no pavillón de Galán (Arteixo) e ambos os equipos foron capaces de conseguir unhas meritorias e amplas vitorias por 8-0. Mentres o Laber Xiria comezaba enfrontándose ao CD. Zas (11:45 H), o Telepizza Carballo Xiria facía o propio xustamente despois (12:30) tendo como rival ao BM. Camariñas B. Foron dous encontros moi similares, cos carballeses conseguindo amplas diferenzas en todos os cuartos e dominando o xogo do pase e o desmarque. En ambos os casos, a faceta defensiva sería vital, mostrando unha excelente actitude para a marcaxe e a recuperación do balón no menor tempo posible.
Zas vs Laber Xiria: 0-8
1º Cuarto: 5-11. 2º Cuarto: 6-14. 3º Cuarto: 3-14. 4º Cuarto: 4-16
Marcos Amarelle (18), Manuel García (3), Álvaro García (4), Brais Suárez (6), Erik Vázuez (23), Maxi Díaz (1).
Camariñas B vs Telepizza Carballo Xiria A: 0-8
1º Cuarto: 2-11. 2º Cuarto: 1-11. 3º Cuarto: 5-7. 4º Cuarto: 2-9
Alex Tato (p), Manuel Pérez (6), Manuel Rey (9), Martín Cousillas (2), Dani Bello (3), Ángel Villar (3), Xurxo Fraga (15).


