O Goldie Xiria sae a competir na que será a súa terceira tempada
O Goldie Xiria sae a competir na que será a súa terceira tempada na Primeira División Autonómica Feminina. Seis semanas levan as xogadoras carballesas cunha preparación para coller forma ante…

O Goldie Xiria sae a competir na que será a súa terceira tempada na Primeira División Autonómica Feminina.
Seis semanas levan as xogadoras carballesas cunha preparación para coller forma ante unha longa tempada que finalizará alá polo mes de Maio coa disputa da Copa Federación, antes deberá afrontar a Liga de Primeira División Autonómica, onde 12 equipos loitarán polas dúas primeiras prazas que dan acceso a disputar a fase de Ascenso a División de Honra, a Liga comezará no fin de semana do 19 e 20 de setembro, aínda que para o Goldie Xiria será máis tarde, o 26 de setembro, pois tócalle descansar na primeira xornada.
Os equipos participantes na disputa da Primeira División Autonómica na que o Goldie Xiria será o único representante da provincia da Coruña serán:
Goldie Xiria de Carballo
Balonmán Tui
Balonmán Caselas
Campus Ourense
Pabellón Ourense
Balonmán Taboada de Lugo
Rasoeiro de O Grove
Balonmán Porriño
Balonmán Lalín
SD Teucro de Pontevedra
UD Lavadores de Vigo
Balonmán Lugo
A pretempada serve para ir perfilando o equipo e para ir coñecendo as caras novas, estana a realizar as xogadoras do ano pasado:
Brenda Noya, Jessica Posse, Tamara Pombo, Natalia Solís, Juana Garrochena e Zeltia Landeira, Adriana Gómez, Sheila Ferreiro, Raquel Gómez, Angela Pena, Patrica García e Marta Regueira.
Como novidades: Alba Rodríguez (xuvenil da base), Leticia Casal (inactiva), e procedentes do Balonmán Xallas, as xuvenís Elena Segade, Ainoha Míguez e Laura Carracedo.