Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Noticias do clube

Presentación de Escolas Balonmán Xiria

Preséntanse este sábado ás 19:00 no Pavillón do CEIP Fogar os equipos sénior e de división de honra das Escolas Balonmán Xiria, que son os conxuntos que inician as súas…

Preséntanse este sábado ás 19:00 no Pavillón do CEIP Fogar os equipos sénior e de división de honra das Escolas Balonmán Xiria, que son os conxuntos que inician as súas ligas durante o mes de Setembro. O sénior masculino, Calvo Xiria, competirá na 1ª estatal masculina, co obxectivo de mellorar o quinto posto acadado na pasada tempada, pola súa parte o Goldie Xiria, sénior feminino, afronta a súa terceira tempada na 1ª autonómica ca ilusión de seguir a mellorar as súas prestacións tentando entrar no grupo que loite polo ascenso. Tamén será a quenda de presentar aos equipos de categoría base que loitarán na máxima categoría, a división de honra; Laber Xiria (xuvenil masculino), Grupo Lemaco Xiria (cadete masculino) e Garaysa Xiria (infantil masculino), seguirán a ser os equipos nos que se formen os futuros xogadores do Calvo Xiria.
Despois das fotos oficiais de inicio de tempada, ás 20:00, no Vila de Noia, o Calvo Xiria xogará o segundo partido de pretempada ante os seus seareiros, sendo o rival o Oar da Coruña. E para rematar a partir das 22:00 no CEIP Fogar xuntanza de xogadores, pais, nais e seareiros de Escolas Balonmán Xiria (se queres información sobre a mesma ponte en contacto cos adestradores do club chamando ao 609562376/636000828).
Nunhas semanas farase a presentación oficial dos equipos de categoría territorial, que forman a base máis importante do traballo de Escolas Balonmán Xiria.

Máis sobre isto