Torneo Internacional Facho De Hércules: (Derradeira xornada): Laber Xiria ocupa a terceira posición.

Torneo Internacional Facho De Hércules: (Derradeira xornada): Laber Xiria ocupa a terceira posición.

O Laber Xiria conseguíu a terceira posición no Torneo Internacional Facho De Hércules despois de derrotar ao Juanfersa Xixón na mañá de hoxe por 12-16.

O partido foi pouco vistoso e moi trabado, con dous equipos moi fatigados despois de tres xornadas de intenso balonmán. A primeira parte, moi igualada, tanto en acertos como en erros, terminou coas táboas no electrónico e todo por dilucidar cara ao segundo acto (8-8).

No segundo tempo o Laber Xiria obtivo mellores rendas no aspecto defensivo, feito que pronto lle permitíu alcanzar unha importante renda de tres goles de vantaxe. A partir deste instante, os de Carballo nunca perderon esa diferenza e, sen facer grandes dispendios no xogo, impúñanse a un rival que fisicamente ía a menos.

O resultado final deixa aos xuvenís de Xiria nun terceiro posto de privilexio, xusto por detrás do Campión (BM.Bueu), fronte ao que os carballeses conseguiron un empate (21-21) e do subcampión (BM.Lalín). Pero o verdadeiramente importante é a carga de traballo que supuxo para este conxunto o torneo, que únido ao traballo acumulado nos adestramentos desta pretemporada, pretende seguir sumando na busqueda por chegar da mellor forma posible ao primeiro enfrontamento ligueiro cotra o Luceros dentro de 15 días.

Entrega de trofeos:

Entrega de trofeos 2

Enttrega de trofeos 1

Foto conjunta:

Foto conjunta

Foto conjunta 2