Nun encontro con dúas claras partes diferenciadas, o Grupo Lemaco Xiria impúxose en Porriño a un gran conxunto e ascendeu á cuarta plaza da clasificación, favorecido pola derrota do Luceros. Deste xeito, os de Carballo completan unha moi boa primeira volta de liga e reciben o parón do Nadal con ilusións renovadas cara á reanudación da competición.
No primeiro tempo, os ataques foron moi superiores ás defensas e os que non finalizaban con erros non forzados do equipo que tiña a posesión de balón, facíano con lanzamentos sinxelos, debido á debilidade defensiva amosada polos dous conxuntos. O Grupo Lemaco, era un equipo descoñecido, non estaba a amosar as súas armas de identidade: o seu dinamismo, a súa velocidade, as rápidas transicións…. non aparecían no día de hoxe e aínda que en ataque estaba a resolver por accións individuais, a retagarda sufría a falta intensidade, de contactos e de solidariedade nas axudas. Neste contexto de virtudes e defectos semellantes no que se movían os dous equipos, o resultado ao finalizar a primeira parte, non podía ser outro que o das táboas (19-19), deixando todo por resolver cara á reanudación.
Na segunda parte, o Grupo Lemaco saíu con outra cara ao parquet do municipal porriñes e as súas prestacións aumentaron. No xogo posicional, os xogadores de Carballo seguían a atopar espazos efectivos cara ao lanzamento, pero ademais, a mellora en tarefas defensivas, posibilitaba agora que os bergantiñáns se adiantansen no marcador en apenas dez minutos (24-26). A partires de eiquí, os verdibrancos tan só aumentaron a súa vantaxe, conseguíndo un contundenta parcial de 6-16 nos últimos 15 minutos. O aumento nas prestacións defensivas, o alto ritmo imprimido no segundo acto e o derrumbe físico do rival nos últimos instantes, foron claves para a vitoria dos carballeses que deste xeito se sitúan nun posto de privilexio na clasificación.
BM.Porriño: Rubén, Iñigo (8), Fermín (12), Sergio (2), Martín (10), Basconcello, Oscar-equipo inicial-Samuel, Angel, Nahum, Saul, Alejandro.
Grupo Lemaco Xiria: Mario Lema, Carlos Vilanova (17), Fran Rey, Andrés Vila (5), Roi Alfeirán (2), Juan Carlos Rodríguez (16), Andy Rey-Equipo inicial-Samuel Castiñeiras, José Varela, Pablo Cambón (1), Antón Traba (1), Ronaldo Durán (2), Manuel Sánchez.
Resultado cada 5´: 4-3, 6-4, 10-10, 12-13, 17-15, 19-19-Descanso-22-22, 24-26, 26-28, 29-34, 30-37, 32-44.
Árbitros: Silvia Vázquez e Alberto Isidro. Non influiron no resultado final. Excluiron con 2´a Martín, Sergio e Fermín polos locais e a Carlos Vilanova, Antón Traba e Juan Carlos Rodríguez Ortíz polos visitantes.
Incidencias: Partido da 11ª xornada da División de Honra en categoría cadete disputado no municipal de Porriño ante a presenza de coarenta espectadores.
Clasificación 11ª xornada:
Fotos del partido: