O Grupo Lemaco “A” gaña ao Abegondo e organizará o Play-off

3ª Xornada da Fase de Clasificación Cadete Masculino

Grupo Lemaco Xiria A 41 – Bm. Abegondo Siem 24 (22-14)

Obxetivo cumprido, tres vitorias de tres encontros na Fase de Clasificación Cadete Masculino que lle dan o primeiro posto e o dereito de organizar o Play-off en Carballo.
Achegouse ao Vila de Noia o Balonmán Abegondo, un dos equipos chamados a estar nos primeiros postos da División de Honor, xogadores de calidade e que por momentos puxeron a proba aos carballeses, algo que non sucedera nos outros dous partidos.
O Grupo Lemaco amosouse eficaz en ataque onde conseguía anotar con xogo combinativo no ataque en posición e con velocidade nas contras, tivo máis deficiencias na defensa, onde non funcionaron as axudas moitas veces por ser excesivas e onde faltou maior contundencia ante o rival.
Para o Xiria o partido sempre foi cómodo no resultado e nas sensacións amosadas sobre o terreo de xogo, o equipo demostrou sobre todo solvencia e versatilidade no ataque.
Agora toca agardar polos rivais para ese Play-off

Grupo Lemaco Xiria A 41 (22): Antón Pardiñas e Samuel Soneira (porteiros), Diego Mourelle 4, Henrique 11, Aday 2, Marcos Suárez 2, Nico Cancela 3, Marcos Varela 2, Brais Suárez 4, Simón 2, Maxi 1, Jorge 4, Alvaro García 1, Dani Periscal 7.

Balonmán Abegondo Siem 24 (14): Yago Blanco, Diego Carracedo 1, Daniel Gómez, Enrique Núñez 1, Tomás de la Fuente 1, Leo Rodríguez 11, Gabriel Vnetura 4, Adrián Insua 1, Brais Candal 2, Lucas faraldo, Pablo Pardo 1, José Martín 1 e Jorge Ferreiro 1

Arbitraron: Ivan Hernández e Renzo Díaz