Previa do 1-2 de outubro

1ª Estatal

Despois de ver como a semana pasada o Calvo Xiria viuse na obriga de aprazar o seu partido debido ao forte temporal que se desenvolveu nas Illas Canarias.; regresa de novo á competición e farao fronte ao Balonmano Tejina La Laguna o sábado ás 19:00 no pavillón Vila de Noia. É un partido atípico para os dous equipos; xa que veñen dunha semana sen competir. O Calvo Xiria deberá saír concetrado e disciplinado nas tarefas que require o partido; ante un equipo con xogadores experimentados que tratarán de frear a velocidade do seu xogo. Manter o bloque defensivo e unha subida de contraataque eficaz e seguro; para tratar de levar o partido ao terreo que máis interese ao Calvo Xiria.

1ªAutonómica Feminina

Co inicio do mes de outubro, chegamos á xornada 4 de liga; onde o Calvo Xiria enfróntase ao Coreti Lalín o domingo ás 18:30 no Vila de Noia. As de Carballo, constantes no seu xogo; queren impoñer a súa experiencia ante un conxunto con moitas xogadoras novas nas súas filas. Outro dos factores para ter en conta; será o físico, xa que ambos os equipos teñen algunha baixa, polo que é vital a importancia do bloque do equipo, e o rol das xogadoras dentro do persoal.

Categorías Base: Play Off

Tamén esta fin de semana en Carballo; poderemos gozar do ALS Laber Xiria, que disputará o playoff de ascenso a liga Ouro. Os partidos arrincarán o venres e acabarán o domingo entre Carnes Doribeiro-Ourense Provincia Termal, A.d. Carballal Balonmán, S.d Teucro Ayf Corredurías e o propio ALS Laber Xiria.

Pola súa banda, o Hierros Varela Urbieta Xiria, disputará o playoff na Guardia. E os seus rivais serán Mecalia Atlético Guardés e Serfis Caixabank Bm Cañiza.

Nos dous sectores, os campións de cada grupo accederán á liga Ouro, así como os mellores segundos clasificados; ata completar un total de 10 equipos que serán os que disputen a liga Ouro.

Categorías Base: Fase de Clasificación

Os equipos infantís do Punta del Este Xiria e Garaysa Xiria seguen inmersos na fase de clasificación que esta fin de semana chegará ao seu fin coa disputa da última xornada. Saberemos que equipos parten como cabezas de serie no playoff. Así o Punta del Este Xiria xogará o sábado ás 16:30 no pavillón Vila de Noia contra o S.D Teucro Uniwash e o Garaysa Xiria xogará o domingo ás 10:30 no Ceip Fogar contra o Bm Rodeiro Faro.