Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Grupo Lemaco acadou a súa primeira vitoria no seu debut coma local fronte ao Bm Lalín

Grupo Lemaco Xiria – 41 (14+27): Jose Varela, Sergio Tasende, Fran (10), Antón (4), Andrés (13), Miguel, Ronaldo (2), Andy (7), Mario Lema, Roi (1), Renzo (1), Urbieta (1), Pombo…

Grupo Lemaco Xiria – 41 (14+27): Jose Varela, Sergio Tasende, Fran (10), Antón (4), Andrés (13), Miguel, Ronaldo (2), Andy (7), Mario Lema, Roi (1), Renzo (1), Urbieta (1), Pombo (1) e Samuel.

Club Bm. Lalín – 27 (13+14): Antón, Miguel, Brais (13), Simón (2), Jose, Alberte (2), Diego, Roi (5), Brais, Pablo, David, Mario (3) e Juan (2).

Marcador cada 5′: 1ª parte (1-3), (2-5), (7-7), (9-9), (12-11), (14-13). 2ª parte (17-15), (19-16), (24-18), (28-20), (35-24), (41-27)

Os cadetes do Grupo Lemaco Xiria acadaron unha ampla vitoria nun encontro moi traballado contra o Bm. Lalín, que opuxo resistencia na primeira metade pero acusou a falta de efectivos na segunda, ante a velocidade do Xiria.

Os locais comezaron perdendo, (2-5) Min.10, e pronto apareceron os nervios e as dúbidas. Os goles non chegaban porque non se agardaba por unha mellor situación de lanzamento e en defensa tampouco comezaron finos, permitindo ao rival explotar moito os seus puntos fortes. Pero o equipo recompúxose rapidamente e, con ataques máis elaborados e cunha defensa máis intensa, colocara o empate no marcador xa no ecuador do primeiro tempo. Dende ese momento o equipo dominou no electrónico e pouco a pouco tamén no campo, impoñendo un ritmo moi rápido nas transicións e xogando con moito criterio.

Esta vitoria coloca ao Grupo Lemaco na 4ª praza da táboa. A vindeira semana o equipo viaxa a Porriño de onde tentará traer outros dous puntos.

Clasificación trala 2ª xornada:

Clasificación

Fotos do partido:

xiria lalin 003 xiria lalin 002 xiria lalin 015 xiria lalin 013 xiria lalin 009 xiria lalin 008