Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Vitoria do Goldie Xiria no inicio da tempada en Tui

Balonmán Tui 16 Goldie Xiria 18 (7-11) O Goldie Xiria acadou no seu primeiro partido de liga, un excepcional triunfo na sempre complicada pista do Balonmán Tui, dous puntos e…

Balonmán Tui 16 Goldie Xiria 18 (7-11)

O Goldie Xiria acadou no seu primeiro partido de liga, un excepcional triunfo na sempre complicada pista do Balonmán Tui, dous puntos e a importancia de empezar gañando nunha Liga tan competitiva. No Goldie debutaron Leticia Casal e a xuvenil Alba Pombo.

Comezaron as xogadoras carballesas moi ben plantadas en defensa, non dando opcións de penetración as súas rivais e impedindo a fluidez do seu ataque. Brenda amosábase segura na portería con moi boas intervencións que daban tranquilidade ao encontro. O ataque do Xiria, sen presas e con continuidade tiña a suficiente efectividade para poñerse no descanso con vantaxe de 4 goles. A segunda metade serviu nos seus primeiros minutos para que o Goldie acadase maior renda, 7 a 13 no minuto 35, pero pouco a pouco o Balonmán Tui foi imprimindo maior intensidade na defensa, o que propiciou varias pérdidas de balón do Goldie, aproveitadas polas súas rivais para achegarse no marcador no tramo final, pese a elo, o saber estar na pista das carballesas fixo que se puidera transformar o encontro na primeira vitoria da tempada.

Partido traballado e con un bo froito final, que da seguridade ao equipo para os próximos encontros, onde o Goldie deberá rematar ao seu rival e non darlle opcións de remontada.

Balonmán Tui: María e Alba (porteiras), Andrea, Pilar, Estefanía 3, Antía, Nerea, Marta 7, ängela, Lara 2, Begoña 3 e Rocío 1.

Goldie Xiria: Brenda Noya (porteira) Juana Garrochena 6 , Natalia Solís, Leticia Casal 3, Adriana Gómez, Patricia García, Jessica Posse 2, Sheila Ferreiro, Alba Pombo, Marta Regueira 1, Zeltia Landeira 1, e Raquel Gómez 5.

Marcador cada 5 min: /1-1/ /1-2/ /4-3/ /5-6/ /6-9/ /7-11/ /7-13//10-15/ /12-16/ /13-17/ /16-17/ /16-18/

Arbitraron: Inocencio Pérez e Alejandro Rodríguez, excluiron a María polo Balonmán Tui, e a Jessica Posse (2), Marta Regueira e Zeltia Landeira polo Goldie Xiria