O Grupo Lemaco “B” desaproveita un 7 metros para empatar

3ª Xornada da Liga Prata Cadete Masculino

Culleredo Galaico Caravaning 31 – Grupo Lemaco Xiria B 30 (15-16)

Co tempo esgotado o Grupo Lemaco erraba o derradeiro lanzamento que houbese suposto un empate, a pesares da derrota, enorme partido dos noveles do Xiria que se sobrepuxeron as baixas de Aday e Nico Cancela neste encontro.
Igualdade e alternativas o longo dos 60 minutos onde ningún dos equipos puido romper o encontro, chegaba de todos xeitos un pouco máis fresco o final o Culleredo polo que tivo maiores opcións de levarse o triunfo.
Durante o partido boas disposicións e intensidade defensiva en ambos equipos e velocidade nas contras o que encadeou un partido de moito ritmo

Culleredo Galaico Caravaning 31 (15): Xoan Bello, Alex Tajes, Mateo Pérez 2, Anxo Negreira 2, Nico Díaz 2, Jaime Serrano 4, Roi Fernández 4, Teo López 4, Hugo rodríguez4, Jairo Míguez 6 e Mateo Negreira.

Grupo Lemaco Xiria B 30 (16): Xano Rama e Izan Cabeza (porteiros), Marcos Varela 9, Simón Viña 8, Alvaro García 1, Alvaro Gómez 1, Xabi Fernández 1, Diego Barbeira 1, Nico Mejuto, Andrés Pombo 4 e Andrés Pedreira 5.

Arbitrou: Pablo Torreiro