Primeira vitoria para o Garaysa A na Liga Ouro

Gran partido do Garaysa Xiria A que consegue así a primeira vitoria na Liga Ouro infantil masculina

Garaysa Xiria 37 –  Sar 21

Garaysa Xiria: Pablo Fraga, Rubén Nogareda, Desale López, Unai Cotelo, Iker Lema, Lucas Fajardo, Héctor Dubra, Ivan Rey, Hugo Rama, Saúl Fuentefría.

Incidencias:  Partido correspondente á 3ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Ceip Fogar (Carballo).

Comezaba o partido moi serio o Garaysa Xiria cunha defensa con moitas axudas e con rápidos contragolpes que lle daban vantaxe no marcador dende os primeiros minutos e que lles servía para chegar ao descanso cun gran marcador a favor.

A segunda metade seguiu a mesma dinámica que a primeira onde o Garaysa conseguiría conectar moi ben cos extremos e subir rápido a 1ª oleada, e onde en defensa continuaría a gran intensidade de todos con moitas axudas.

A próxima fin de semana ao Garaysa Xiria tocaralle desprazarse a Cangas.