O Grupo Lemaco “B” vence ao líder nunha gran remontada

9ª Xornada da Liga Prata Cadete Masculino

Grupo Lemaco Xiria B 35 – Balonmán Atlántico 34 (12-18)

O líder da Liga Prata o Balonmán Atlántico viu como o Grupo Lemaco B o superaba nos derradeiros minutos do encontro logo de ir perdendo ata de 9 goles.
A maior envergadura e ritmo de balón dos de Oleiros, permitíalles levar o partido con comodidade, o Xiria víase incapaz de frear o lanzamento exterior do rival e en ataque topaba cunha defensa ordenada e unha portería atinada.
Todo cambiou a raíz duna baixón de xogo do Atlántico, o Xiria viu por onde podía facer dano ao contrario, apremando máis cunha defensa adiantada e imprimindo maior velocidade en cada saída, fose ao recuperar o balón ou de contra-gol. As diferenzas foron acortándose e quedaba tempo para alcanzar ao equipo contrario no marcador, A falla de un minuto o Xiria igualaba e nunha xogada posterior marcaba para impoñerse e sumar os dous puntos en xogo.

Grupo Lemaco Xiria B 35 (12):
Xano Rama, Izan Cabeza e Dani Marta (porteiros), Aday Gómez 5, Nico Cancela 14, Marcos Varela 10, Simón Viña, Alvaro García 3, Alvaro Gómez 1, Xabi Fernández, Diego Barbeira 1, Nico Mejuto, Andrés Pombo e Andrés Pedreira 1.

Balonmán Atlántico 34 (18): Daniel García, Adrián Rio 6, Daniel Archilla 3, Pablo Castiñeira 1, Diego Abades 4, Diego Lema 12, Roi Fernández 5, Miguel Fernández 3, Martín Vinagre , Enmanuel García, Daniel González, Iker Curto e Mateo Martínez.

Arbitrou: Henrique Folgoso