Bo partido en Tui do Grupo Lemaco “A”

10ª Xornada da Liga Ouro Cadete Masculino

Balonmán Tui 30 – Grupo Lemaco Xiria A 44 (13-22)

Viaxaba o Grupo Lemaco con baixas importantes, pero non solo non se resentiu si non que realizou un gran partido, primeira metade cunha sólida defensa e con accións claras para conseguir eses 22 goles a 13 que practicamente lle daban a vitoria.
Nunha segunda metade máis relaxada, o Xiria si ben foi máis permisivo en tarefas defensivas, seguiu sumando goles con facilidade para impoñerse con cómoda vantaxe.
A derrota do Cisne diante do Bueu coloca novamente segundo ao Xiria na Liga Ouro Cadete Masculino.

Balonmán Tui 30 (13): Izan Pérez 1, Roque Estevez 14, Marcos Frami, Iago Cal 2, Cristian Framil, Saul Rodríguez 1, Rubén Gómez, Fabio Mazzurco , Aron Prada 2, Alex Lage 5, Sergio Rodríguez 1 e Dario Vila 3

Grupo Lemaco Xiria A 44 (22):
Antón Pardiñas e Samuel Soneira (porteiros), Diego Mourelle 9 , Marcos Suárez 9, Nico Cancela 1, Brais Suárez 4, Simón Viña, Aday Gómez, Alvaro García 1, Maxi 1, Dani Periscal 12 e Jorge Rodríguez 7.

Arbitrou: Danijela Savic