O Laber Xiria mantén o liderato
O Laber Xiria conseguíu unha sufrida vitoria no municipal de Coruxo ante o Seis Do Nadal, na que posiblemente foi a peor actuación dos de Carballo no que vai de…

O Laber Xiria conseguíu unha sufrida vitoria no municipal de Coruxo ante o Seis Do Nadal, na que posiblemente foi a peor actuación dos de Carballo no que vai de liga. O conxunto de Fernando Vázquez non se atopou cómodo en ningún momento e tivo que tirar de casta até o final para alzarse co triunfo final.
Ben é certo que os de Carballo tomaron o mando no marcador desde o inicio e dominaron o primeiros trinta minutos con diferenzas de tres, catro e até cinco goles, pero as sensacións mostradas no 40×20 non eran todo o satisfactorias que poderían chegar a ser. O ataque posicional funcionaba máis por impulsos individuais que por aspectos colectivos e a retagarda non se amosaba tan contundente como noutras ocasións, a pesar dos 13 goles encaixados neste primeiro tempo (13-18).
A defensa tocou fondo na continuación e o Laber Xiria pasou de ser o conxunto menos goleado da categoría a verse desbordado polo ataque dos olívicos que conseguían perforar até en 19 ocasións a portaría visitante. A conexión da primeira liña co pivote, ofreceu gran rendibilidade aos de Vigo, que empataban o partido a falta de seis minutos. Lonxe de vir abaixo, os carballeses, como xa ocorrese nas dúas últimas xornadas, tiraron de amorne, de disciplina no posicional e apertaron os dentes en defensa para conseguir recuperar tres balóns de ouro e establecer un 3-6 de parcial no últimos cinco minutos que ao cabo serían definitivos para que os dous puntos viaxasen Cara á capital de bergantiños.
Deste xeito, o Laber Xiria continua invicto e como líder á espera de recibir, o próximo fin de semana, ao gran equipo do BM.Bueu xuvenil, un dos máis claros favoritos ao título de liga.
Seis Do Nadal: 32 (13+19). Velloso, Alberto (6), Martín (8), Jorge (7), Anxo (2), Lucas (3), Angel**-Equipo Inicial-**Borja (4), Gayo (2), Leiras, Pablo, Simón.
Laber Xiria: 37 (18+19). Antonio, Carlos Vilanova (7), Gabriel Castiñeiras (5), Juanka Rodríguez (5), José Pereira (3), Borja Rodríguez (4), Iván Calvo (9)**-Equipo Inicial-**Roi Alfeirán , Alex Figueroa, Andrés Vila (3), Kevin Santos, Diego Morandeira, Dani Esmorís, Fran Rey (1), Manuel Souto, Ronaldo Durán.
Parciais: 2-2/3-5/6-9/10-13/11-14/13-18/**Descanso/**14-18/16-23/22-26/26-27/29-31/32-37/Final.
Colexiados: Rogelio Rojas e Silvia Vázquez. Sen complicacións.
Incidencias: Encontro da oitava xornada da DH xuvenil masculino disputado no municipal de Coruxo ante un centenar de seareiros de ambos conxuntos.
Fotos do encontro:


