Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Grupo Lemaco dobregou ao Lavadores a base de rápidos contragolpes

Os cadetes do Grupo Lemaco Xiria enfrontábanse nesta 10ª xornada ao penúltimo clasificado, o U.D. Lavadores. Os carballeses chegaban con moitas ganas de recuperar a senda da vitoria e a…

Os cadetes do Grupo Lemaco Xiria enfrontábanse nesta 10ª xornada ao penúltimo clasificado, o U.D. Lavadores. Os carballeses chegaban con moitas ganas de recuperar a senda da vitoria e a fame de cara ao gol notouse dende o asubío inicial.

O carballeses non deron opción algunha aos de Vigo, que nada puideron facer fronte a velocidade do Xiria que no minuto 10 xa mandaban por 6 goles (4-10). O bo traballo defensivo de todo o equipo e a velocidade á contra permitía ampliar a diferenza co paso dos minutos, para chegar ao descanso (10-23).

Na segunda parte o encontro perdeu intensidade e cometéronse bastante erros, que sen embargo non afectaron ao resultado final.

Con estes dous puntos o Grupo Lemaco suma xa 14 e mantense a 4 puntos do Octavio, do Seis do Nadal e do Cisne, 1º, 2º e 3º clasificado, que están empatados a 18 puntos.

A vindeira semana xógase o último encontro da primeira volta. O Grupo Lemaco recibe ao Carballal nun encontro no que os carballeses intentarán acadar outra vitoria fronte a súa afección.

Las Cinco Jotas Lavadores – 25 (10+15): Areal, Beltrán (8), Rodríguez, Martínez (4), López, Cazapal, Rio (1), Abalde, González, Costas (4), Pérez (3), Deleón (2), Almuíña (3) e Carrera.

Grupo Lemaco Xiria – 43 (23+20): Vila (5), Ronaldo (2), Pombo (3), Andy (6), Roi (3), Pedro (4), Samuel, Urbieta (2), Jose (1), Renzo, Antón (8), Manuel (3) e Tasende (2).

Marcador cada 5′: (2-4), (4-11), (4-15), (5-20), (7-21), (10-23)//(12-29), (17-31), (18-35), (20-38), (22-41), (25-43)

Clasificación trala 10ª xornada:

Clasificación