O Grupo Lemaco non puido frear a un Carballal superior
Balonmán Carballal 31 – Grupo Lemaco Xiria 21 (16-10) O carballeses tiñan un difícil saída coa visita a Vigo deste mércores festivo, presentaron cara ao seu rival, e acabaron desarborados…

Balonmán Carballal 31 – Grupo Lemaco Xiria 21 (16-10)
O carballeses tiñan un difícil saída coa visita a Vigo deste mércores festivo, presentaron cara ao seu rival, e acabaron desarborados ante un superior Carballal.
Prevíase un encontro máis igualado, como así o foi nos primeiros 20 minutos, o Grupo Lemaco era quen de frear o xogo rival cedendo so en algunhas accións defensivas e ía materializando os seus ataques en gol, mandou por momentos no marcador e no xogo, pero chegaron os erros en ataque, con balóns perdidos aproveitados a contra polo seu rival, que fixeron moito dano descompoñendo ao equipo. A falta de lanzamento exterior do Xiria permitía ao Carballal pecharse atrás non concedendo espacios, o que dificultaba as accións de ataque. Con seis goles de vantaxe chegábase ao descanso.
Quedaban 30 minutos por diante onde o Grupo Lemaco tiña que remontar, para elo subiu as súas liñas defensivas, intentando maior presión para o roubo de balón precipitando o ataque do Carballal. Conseguiuse parar o ataque do rival pero errouse moito de cara a gol, facendo que o porteiro contrario se volvera por momentos infranqueable, o xogo de ataque do Xiria tornouse individual e falto de ideas o que facilitaba a defensa dos vigueses.
Balonmán Carballal 31 (16): Pablo González (porteiro) , Alberto Romero 3, Carlos Mariño 4, Ignacio Costas, Mario González 3, Iago Costas 1, José Chao 11, Ivan Fernández 2, Anxo Fontan 1, Alejandro López 4, Roi Gallego, Brais Alonso 1, Blas Cabaleiro 1
Grupo Lemaco Xiria 21 (10): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Mario Cancela 5, Dani Mallo 2, Franco Rial, Adrián Mesejo 1, Juan Pereira, Mario Rincón 1, Diego Antelo, Brais Vila 6, Iker Martínez 1, Aaron Rodríguez 2, Iago Rincón 2 e Fernando Mallo 1.
Arbitrou: Alberto Fernández e SilviaVázquez, sen complicacións.


