O Grupo Lemaco Xiria, levou os dous puntos do pavillón San Francisco Javier da Coruña e a vitoria do Luceros fronte ao Cisne, posibilita que os carballeses se situen a dous puntos da terceira praza da clasificación.
Foi un partido igualado dende o inicio con vantaxes mínimas, un encontro disputado de poder a poder que puido gañar calquera conxunto, pero que caíu do lado dos bergantiñáns nos últimos instantes do mesmo. Os ataques impuxéronse ás defensas en todo momento e o equipo que puido enlazar varias defensas consecutivas nalgún instante do envite, foi o que acabou levando o partido. Os locais mostrábanse intratables no 1×1, a súa calidade e poderío físico era superior aos de Xiria nesta faceta e estes sufrían a falta de contundencia nas axudas. De calquera forma, o conxunto de Carballo retirábase no tempo de descanso coa vantaxe dun gol (18-19) e todo por decidir na continuación.
O panorama non cambio moito na segunda parte, aínda que o Grupo Lemaco aumentou as súas prestacións defensivas nos últimos minutos, un momento crucial do encontro para que os dous puntos terminasen viaxando cara a Carballo. O próximo Domingo, o Grupo Lemaco recibe no Vila De Noia a un potente equipo; o Cisne de Pontevedra, que ocupa a cuarta praza da clasificación aventaxando a os de Carballo en dous puntos.
OAR Coruña: 32 (18+14). Enrique, Raul (6), David (8), Marcos (4), Mario (5), Anxo (4), Costa (1)-Equipo Inicial-Aresio, David, Sergio (1), Jaime, Feal (3), Bao.
Grupo Lemaco Xiria: 35 (19+16). Manuel Souto, Carlos Vilanova (12), Fran Rey (2), Andrés Vila (5), Roi Alfeirán (3), Juan Carlos Rodríguez (11),Daniel Esmorís.-Equipo Inicial-Antonio Mato, Samuel Castiñeiras, José Varela, Pablo Cambón (2), Ronaldo Durán, Manuel Sánchez.
Parciales cada 5´: 2-2/5-6/9-9/10-14/12-17/18-19/Descanso/20-22/24-26/26-27/29-31/30-31/32-35. Final.
Árbitros: Manuel Currás e Pablo Torreiro. Excluiron con dous minutos a Marcos polos locais e a Ronaldo e a Juan Carlos Rodríguez (2) polos visitantes.
Incidencias: Partido da 18ª xornada da División de Honra disputado no pavillón San Francisco Javier da Coruña con numerosos seareiros de Xiria nas bancadas.
Fotos do encontro:
Clasificación 18ª xornada: