O Laber Xiria derrota ao OAR e distánciase na segunda praza.

Xornada redonda para o Laber Xiria,que superou ao OAR no derbi e viuse favorecido pola derrota do BM.Lalín en Redondela, feito que posibilita que os carballeses teñan agora un colchón de tres puntos fronte aos dezáns a falta de cinco xornadas para o remate da competición.

Aínda que os de Carballo comezaron dubitativos e tensos polo que se xogaban no envite, aos poucos foron subindo as súas prestacións e xa se impuñan no tempo de descanso por un resultado de 14-19. Os primeiros dez minutos foron de dominio local, favorecidos polas imprecisións e erros dos de Xiria que facilitaban a finalización cara a portaría contraria para os da Coruña  (7-5). As primeiras defensas e a saída ao contragolpre dos verdibrancos, posibilitaban que en apenas cinco minutos os visitantes lle derán a volta ao marcador e conseguiran unha vantaxe que xa non abandonarían (9-7). A diferencia de cinco goles ao termino do primeiro tempo, puña as cousas moi ben para os bergantiñáns, pero quedaba aínda moito por xogar e non cabía ningunha confianza contra un bo rival como o OAR.

Na segunda parte, o Laber Xiria non pasou ningún apuro e aínda que en ocasións amosouse irregular na toma de decisións do seu ataque e tivo demasiadas perdas de balón, volveu a marcar as diferenzas no momento en que se conseguía defender e imprimir velocidade e dinamismo no contragolpe de segunda onda. Gran vitoria polo tanto dos de Carballo que a falta de cinco xornadas para o remate da liga regular, preséntaselle un panorama máis que idóneo para conservar este posto até o final.

A próxima xornada, os de Xiria recibirán ao BM.Chapela no Vila de Noia, no que será unha final máis para os verdinegros. O partido disputarase ás 12:45 do Domingo 22/02/2015.

OAR Coruña: 30 (14+16). Iago, Nacho (7), Manuel (6), Diego (9), Iago (2), Miguel (2), Coto (2)-Equipo Inicial-Carlos, Marco (1), Alex (1), Lizaur, Sarasola, Raul, Mario.

Laber Xiria: 37 (19+18). Daniel Buño, Iván Campos (7), Enrique Pena (7), Lolo (3), José Pereira (5), Iván Calvo (9), Dani García (1)-Equipo Inicial-Tito, Diego Morandeira, Antonio Mato, Damián Rodríguez (1), Gabriel Castiñeiras (4), Alex Figueroa, Borja González, Diego Gago.

Parciales cada 5´: 5-5/7-5/7-9/9-12/11-16/14-19/Descanso/16-21/20-25/23-29/24-32/28-33/30-37/Final.

Árbitros: Julio Villanueva e Manuel Currás. Excluiron con dous minutos a Iago Polos locais e a Damián Rodríguez, Enrique Pena, José Pereira e Iván Calvo polos visitantes.

Incidencias. Numerosos seareiros de Xiria neste derbi da 18ª xornada da liga da División de Honra disputado no San Francisco Javier da Coruña.

Fotos do encontro:

oar 009

oar 012

 

oar 008

 

oar 013

Clasificación 18ª xornada:

clasificación 18 jornada