Partidazo: Calvo Xiria – Acanor At. Novás
O partido máis importante do que vai de tempada dispútase este sábado no Vila de Noia ás 18:00. Novás virá acompañado dun bus repleto de seareiros rosaleiros para animar aos…

O partido máis importante do que vai de tempada dispútase este sábado no Vila de Noia ás 18:00. Novás virá acompañado dun bus repleto de seareiros rosaleiros para animar aos seus….mais o partido comeza a gañarse na grada que a bo seguro se tinguirá de verde para levar aos seus en volandas. NON FALTES!!!
E para que o pavillón sexa unha festa estreamos charanga “Bloco da Batucada”, que percorrerá as rúas carballesas saíndo dende a Cervecería Bombonera a carón da estación de autobuses ás 17:00 e logo farán unha parada no Bar Xuventude na avenida Bergantiños.
Lembra que @s acompañantes d@s soci@s sen carné so pagarán 1€ por persoa. Tod@s @s que estean no Vila de Noia antes do asubío inicial entrarán no sorte dunha cea para dúas persoas cortesía de “Cervecería a Bombonera”. Se ves cas cores de Xiria ou con obxectos para animar darémosche dúas rifas, e por 1€ máis entrarás nun sorteo dunha paleta curada.