Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Grupo Lemaco vence ao Octavio nun encontro moi emocionante

Grupo Lemaco Xiria – 28 (12+16): Sergio, Fran (7), Antón (1), Vila (8), Miguel, Ronaldo (2), Andy, Mario, Roi (3), Renzo, Urbieta (1), Pedro (5), Pombo (1), Manuel e Samuel.…

Grupo Lemaco Xiria – 28 (12+16): Sergio, Fran (7), Antón (1), Vila (8), Miguel, Ronaldo (2), Andy, Mario, Roi (3), Renzo, Urbieta (1), Pedro (5), Pombo (1), Manuel e Samuel.

Academia Octavio – 26 (14+12): Gabriel (3), Gonzalo (4), Andre (7), Bruno V. (2), Pedro (2), Daniel, Ángel, Carlos (1), Bruno C. (5), Gonzalo (1), Javier, Roi, César e Martín.

Os cadetes do Grupo Lemaco Xiria acadaron unha traballada vitoria fronte ao Octavio de Vigo, nun encontro con moitas alternativas no marcador, que remataron levando os carballeses a base de boa defensa e velocidade. Dous puntos importantes contra un rival directo que manteñen ao Grupo Lemaco nos postos altos da táboa.

O encontro comezaba costa arriba para os do Xiria que saíron nerviosos e cometeron varios erros que foron ben aproveitados polos vigueses para colocar as primeiras vantaxes: Min.5(1-4), Min.10(3-7) Pero o Grupo Lemaco non tardou en dar a resposta e cun parcial de (4-0) colocaba o empate no marcador.

O Xiria melloraba no terreo de xogo co paso dos minutos pero o Octavio seguía facendo dano en ataque e conseguía chegar ao descanso cunha pequena vantaxe (12-14).

Na segunda metade o Xiria mellorou moito a intensidade defensiva o que lle permitiu facer dano ao contragolpe e colocarse por riba no marcador, fronte a un Octavio cansado que se mantiña de accións individuais. O Grupo Lemaco mantería xa esta vantaxe hasta o remate do encontro que rematou vencendo 28-26.

A vindeira semana os carballeses volven a xogar como locais e nesta ocasión o rival é o Teucro de Pontevedra.

Clasificación trala 5ª xornada:
clasificación

Fotos do encontro:

xiria octavio 2015 002 xiria octavio 2015 004 xiria octavio 2015 009
xiria octavio 2015 018

gggg