Decisivo Luceros – Calvo Xiria
Entra no tramo decisivo a liga, e o Calvo Xiria ten ante si un vital encontro ante o Luceros no que non debe deixar escapar a vitoria se quere seguir…

Entra no tramo decisivo a liga, e o Calvo Xiria ten ante si un vital encontro ante o Luceros no que non debe deixar escapar a vitoria se quere seguir con opcións de rematar primeiro da liga. Non será doado pois terá enfronte ao quinto clasificado da táboa que poderá contar con todos os xogadores que disputan minutos habitualmente na liga Asobal. Incrementar a actividade defensiva e facer un bo traballo nas axudas é un dos factores que marcarán as opcións dos verdinegros. Tamén deberá mellorar a porcentaxe no lanzamento respecto ao encontro de hai sete días, e aproveitar todas as opcións de lanzamento dende os seis metros.
Mais contarán os carballeses co apoio dos seus seareiros que se desprazarán en gran número a Cangas o domingo para dar azos aos seus. Será dende logo un factor fundamental para facerse cos puntos en xogo.
O Goldie Xiria recibirá este sábado a partir das 8 da tarde no Pavillón Vila de Noia ao NZ Australis Lavadores, no primeiro enfrontamento disputado en Vigo, o Goldie ganaba de un gol nun encontro igualado, o que prevé máxima igualdade para o choque.
A evolución dos procesos gripais de varias xogadoras, será quen marque a dispoñibilidade para o partido do sábado.
O Garaysa Xiria empeza a loita polo campionato galego. O formato será unha liga a dúas voltas entre o catro mellores equipos de Galicia.
Viaxa de novo a Vigo para enfrontarse ao A.D. Carballal, equipo que aínda non coñece a derrota; un aliciente máis para tratar de conseguir os dous puntos. Motivación e ilusión non vai faltar sobre a pista, pero a parte diso, o Garaysa deberá aproveitar ben as súas armas e impor o seu ritmo de xogo. O choque será este sábado 19 ás 12:00 no pavillón municipal Loureiro
Tamén o sábado pola mañá os equipos benxamíns do Oak English Centre e Laber, e os alevíns do LK, Marmolería José Rey e Punta del Este disputarán unha nova xornada de minibalonmán no Ceip Fogar. Haberá partidos ás 10:30, 11:15, 12:00 e 12:45.
