O Grupo Lemaco Xiria cae en Porriño nun partido axustado

Un partido cun elevado ritmo e bo xogo, que se puido decantar a favor de calquera, leváronllo os locais cun penalti co tempo xa cumprido.

Desde o primeiro ataque, púidose observar a estratexia de Porriño, presionar ás primeiras liñas en defensa, saque rápido de centro, e variedade en ataque, entre xogar 3:3 e 4:2 coa novidade dos 4 primeiras liñas. O Xiria alternou o seu defensa 5:1 coa 6:0. Ataques curtos, grandes xogadores ao 1×1 e 2×2, decidían as accións dun choque con máxima igualdade. Ao descanso 19 a 19.

Na continuación, máis do mesmo, intercambio de golpes, e as exclusións foron o factor decisivo que decantaron o marcador ao final. Xa que os locais aproveitaron unha dobre exclusión do Xiria para irse de dous goles. Conseguiu empatar a falta de 15 segundos o Grupo Lemaco, que na última defensa non puido frear a Roberto Castro.

Gran partido o que puideron gozar os afeccionados ao balonmán. Esta semana hai parón por seleccións, polo que o seguinte encontro, será o domingo 15 de decembro, no Vila de Noia ante o Balonman Lalín.

Balonman Porriño 39 – Grupo Lemaco Xiria 38

Balonman Porriño: Adrián Carrera (12), Eloy Fernández (2), Oscar Basconcello (7), Leonardo Rafael (8), Samuel Miguel, Roberto Castro (6), Martín Guerreiro, Martín González, Efrén Fernández (1), Xulio Fernández (1), Xavier Domínguez, Nicolás Giraldez, Iker Balado (2),

Grupo Lemaco Xiria: Darío Calviño [p], Alejandro Vázquez [p], Juan Martín Fajardo (6), Martín Fuentes (6), Andrés García (3), Miguel Goimil (1), Pedro Porteiro (3), Esteban Puñal (5), Ángel Viña, Samuel Regueira (2), Alberto Rodríguez (4), Samuel Veiga (1), Julián García (7).

Árbitro: Alfonso Canitrot do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á décima xornada da división de honra cadete masculina disputado no pavillón municipal de Porriño.