O Grupo Lemaco Xiria cede dous puntos ante o Carballal

Partido correspondente á xornada 3 da Copa Federación cadete masculina. O Vila De Noia preparábase para un novo enfrontamento entre o Grupo Lemaco Xiria e o AD Carballal. Dous equipos que agora teñen obxectivos moi diferentes; xa que os do Xiria están a prepararse e formando para a tempada que vén; mentres que os de Vigo, preparan a disputa do Campionato de España.

Con todo iso, disputouse un partido que por momentos brillaba e lucía con gran ambiente e ritmo de xogo e logo tiña fases de apagamento, nos que o Carballal aproveitou para sentenciar cunha cómoda vantaxe.

Os primeiros 20 minutos de partido, transcorreron con gran xogo por parte de ambos conxuntos, o marcador reflectía un 7 a 11, e unicamente os fallos de lanzamento facían que non fose máis axustado; pero os de Xiria desconectáronse e baixaron os brazos nos instantes finais, aproveitando os visitantes para sentenciar antes do descanso a través do contraataque e a escasa defensa dos exteriores que estiveron moi despistados. (9-19)

Na segunda metade; empezaaba un novo partido; Carballal xogaba co seu 7 inicial e defensa presionante. Factor que souberon atacar ben os de Xiria, xogando ben entre liñas co pivote e os extremos. O parcial no minuto 15 foi de 6 a 9.  Os últimos 15 minutos de partido, os visitantes expuxeron unha defensa 6:0 que se lle atragantó en demasía ao Grupo Lemaco disparando o resultadoo final ao 17 a 38.

A lectura final do partido é a consecución de competir durante 60 minutos a un mesmo nivel, sen importar a quen che enfrontas e quen está no campo. Falta solidez e madurez para afrontar a competición; e é algo no que deberán traballar para futuras experiencias.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia de Carballo, ante uns 100 seareiros de ambos conxuntos. Colexiados: José Henrique Folgoso e Gabriel Folgoso do colexio galego.

GRUPO LEMACO XIRIA 17 ( 9 + 8 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Álex Puñal, Fernando Mallo, Julián García, Martín Fuentes, Javier Rodríguez, Esteban Puñal, Juan Martín Fajardo, Antonio Calvelo, Miguel Goimil, Carlos Varela, Pablo Esmoris.

A.D. CARBALLAL 38 ( 19 + 19): Iago Suárez, David Álvarez, Yeray Eiro, Ignacio Costas, Iago Costas, Lois Martínez, Alejandro López, Anxo Fontán, Guillermo Álvarez, Brais Alonso, Roi Gallego, Manuel González, Pablo Vilaboa, Raúl Garrido, Pedro Pérez.