Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Grupo Lemaco Xiria cede un punto ante o Bm. Lalín

Os cadetes do Grupo Lemaco non puideron pasar do empate ante un Bm. Lalín que levou o ritmo do encontro cun ataque moi pausado que aletargou aos carballeses. Pese a…

Os cadetes do Grupo Lemaco non puideron pasar do empate ante un Bm. Lalín que levou o ritmo do encontro cun ataque moi pausado que aletargou aos carballeses. Pese a todo, o Xiria tivo todo de cara para levar o encontro pero desaproveitou unha renda de 3 goles nos últimos minutos e o rival conseguía empatar a falta de 8 segundos.

O Xiria comezaba o encontro moi frío, sen amosar a intensidade necesaria en defensa e cun xogo moi individualista en ataque. O Lalín non desaproveitou e colocábase no minuto 6 cunha vantaxe significativa (5-0), que suporía un lastre para o Grupo Lemaco durante todo o encontro.

Os de Carballo foron entrando no partido co paso dos minutos e pasado o ecuador da primeira metade xa colocaran o empate no marcador. Cunha notable melloría en ataque e axudados polos porteiros, Samuel e Mario, o Xiria conseguía esquecer o mal arranque do partido e chegar ao descanso cunhas mellores sensacións no xogo.

Na segunda metade a igualdade foi a nota predominante, ambos equipos esforzábanse máis por acadar goles que por evitar encaixalos e o intercambio de tantos foi constante durante este período. Sen embargo o Xiria, que ía de menos a máis, chegaba á recta final do encontro no seu mellor momento e conseguía unha vantaxe 3 goles que parecía definitiva, sen embargo as precipitacións en ataque e o acerto do Lalín de cara ao gol nestes últimos minutos colocaban o empate no marcador a falta de 8 segundos. No último ataque o Xiria non puido anotar e o encontro remataba en táboas.

Clínica Deza Lalín – 33 (15+18): Cristian, Antón, Miguel, Brais (15), Simón (4), José (3), Alberte, Diego, Roi (7), Brais, Pablo, David, Mario (1), Juan e Javier (3).

Grupo Lemaco Xiria – 33 (15+18): Sergio T., Urbieta (1), Jose, Miguel, Renzo, Antón (10), Manuel, Andy (9), Pombo, Ronaldo (5), Pablo (1), Mario, Pedro (4), Roi (3) e Samuel.

Marcador cada 5 minutos: (4-0), (6-2), (7-6), (10-10), (14-10), (15-15); (17-16), (20-20), (23-24), (25-26), (29-29) e (33-33)

Clasificación trala 13ª xornada:

Clasificacion Lalin