Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Iniciacion

Liga de balonmán por Nadal

Os máis pequenos/as están de parabén neste Nadal e é que E.BM.Xiria organiza actividades e unha liga de balonmán nestas semanas de vacacións. Os días 21,22,23,28,29,30 de Decembro e 4…

Os máis pequenos/as están de parabén neste Nadal e é que E.BM.Xiria organiza actividades e unha liga de balonmán nestas semanas de vacacións. Os días 21,22,23,28,29,30 de Decembro e 4 de Xaneiro, o pavillón do CEIP Fogar será a instalación onde te poidas achegar a pasar un intre moi divertido co teu amigo e practicar deporte.

Tan só tes que traer roupa adecuada para practicar deporte, unhas zapatillas deportivas e si non es do club, que o teu papa ou mama asíneche a autorización para poder participar. Esperámosche no CEIP Fogar no seguinte horario:

  • 10:30-12:00: Nados en 2004 e 2005.
  • 12:00-13:30: Nados en 2006,2007 e 2008. Tamén os nenos e nenas de primeiro de primaria e Infantil dende os catro anos.

Máis sobre isto