O Grupo Lemaco Xiria cedeu en Lalín na segunda xornada da Copa Federación

Os cadetes do Xiria afrontaban a segunda xornada da Copa contra o Bm Lalín, nunha pista que xa causara problemas aos carballeses no encontro de Liga onde deixaron un punto tras un empate.

Nesta ocasión o Grupo Lemaco corría peor sorte xa que ademáis da derrota perdía a Vila para varias semanas por unha lesión no nocello.

Os carballeses saían fríos ao partido e poñían as cousas demasiado fáciles aos locais que pronto acadaron unha vantaxe significativa (11-6 Min.15). Sen embargo o Grupo Lemaco reaccionaba e aproveitando a velocidade á contra de Andy conseguía recurtar varios goles e enchufar ao equipo, que cuns minutos de bo xogo dáballe a volta ao partido e se colocaba por riba (14-15 Min.26).

No mellor momento de xogo chegaba a lesión de Andrés, nunha aparatosa caída cun rival, e xa pronto o descanso. Os carballeses saían de novo moi fríos na segunda metade e o Lalín recuperaba a vantaxe (24-20 Min.40). Nesta segunda metade tamén houbo reacción do Grupo Lemaco pero o pausado xogo do Lalín, aguzado nos últimos minutos, non deixou tempo para a remontada.

CLÍNICA DEZA BM. LALÍN – 33 (17+16): Cean, Taboada, Blanco (4), Peña, Rodríguez (3), Lara (6), Carrón, Sierra (6), Silva, González (4), Díaz, Lalín, Lareo (6), Iglesias, Couso e Otero (4).

GRUPO LEMACO XIRIA – 31 (17+14): Urbieta (2), Miguel, Jose (1), Renzo, Manuel, Vila (6), Pablo (1), Ronaldo, Mario, Roi (4), Fran (3), Andy (7), Pombo, Samuel, Tasende (1) e Pedro (6).

Resultado cada 5′:
3-0, 7-4, 11-6, 13-12, 14-14, 17-17 // 21-18, 24-20, 26-24, 30-27, 32-29 e 33-31

 

Clasificación trala 2ª xornada da Copa Federación: 
Clasificación

 

 

Galería de fotos do encontro: