Traballada vitoria do Calvo Xiria

Tardou 25 minutos en entrar no partido o Calvo Xiria, mudando completamente o guión que desexaba para o encontro, pois pretendían os carballeses marcar diferenzas desde o asubío inicial para poder ter unha segunda parte tranquila, baseándose sobre todo en marcar o ritmo do partido. Pero foi imposible, pois os locais levaron o xogo ao que prefiren, pausa e lentitude, con poucos ataques. Movíanse moi ben nese escenario os pontevedreses que aguantaban ao líder da categoría sen problemas. Pero os cinco minutos finais do primeiro tempo cambiou o panorama, cos verdinegros correndo e marcando en transición rápidas. O paso polos vestiarios sentou mellor ao Xiria, que xa non baixou a súa intensidade até falta de dez minutos co partido xa sentenciado. Unha defensa moito máis presionante anticipándose ao movemento de balón dos locais. Pechou o encontro o Calvo Xiria cun +7, para levarse dous puntos na súa carreira por gañar a liga.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal de Pontevedra cuns 100 seareiros nas bancadas. Colexiadas: Soraya Abelenda Martínez e Ana Correa Araújo do colexio galego. Castigaron con exclusión polo Balonman.com Pontevedra a Pablo Vidal (18´), Javier Hermida (descalificación 30´), Eloy López (37´) Fernando Rey (41´), Santiago Calvo (51´) namentres polo Calvo Xiria a Ramón Suárez (24´), Javier Rodríguez (35´), Brais Puñal (41´), Sergio Facal (53´)  7 metros: Balonman.com Pontevedra  1//4  Calvo Xiria 0//3. Marcador cada 5 minutos: 3-1, 4-4, 6-6, 9-9, 11-11, 12-15, descanso, 14-18, 15-21, 16-22, 17-25, 21-27, 23-30.

BALONMAN.COM PONTEVEDRA 23 (12+11): Eduardo Alonso [p], Pedro Pérez [p], Fernando Rey (4), Santiago Calvo, Estanislao Erselle (4), Ángel Soliño (9), Iago Fernández (1), Miguel Roibás (1), Alberto Santiago, Borja Barco, Jaime Vidal, Diego Carballa, José Hermida, Víctor Barreiro, Eloy López, Pablo Vidal (4).

CALVO XIRIA 30 (15+15): Martín Gómez [p], Santiago Gómez [p], Alejandro Calvete (1), Brais Puñal (5), Manuel Méndez (2), Sergio Facal (5), Uxío Batán (2), Martín Alfeirán (3), Julián López, Ramón Suárez–Pumariega (2), Jorge Bouzas (4), Mario García de Seárez, Carlos Vilanova (2), Pablo Iglesias (2), Javier Rodríguez (2).