Fase Final Xuvenil: A tensión competitiva, atenaza ao Laber Xiria

O Laber Xiria, non puido facerse co primeiro posto da Fase Final xuvenil que se viña disputando en Carballo desde o Venres pasado. A realidade é que os bergantiñáns non se mostraron como un conxunto reconocible durante estos tres días, si seica, nalgunhas fases do encontro inicial contra o Carballal. Xa no segundo envite, contra o Teucro, observouse a uns xogadores atenazados en exceso pola tensión do que había en xogo, aínda que nos últimos minutos sacouse o partido adiante, grazas máis ao corazón e ao bo facer defensivo que á lucidez no xogo. No día de onte e coa vantaxe de que aos de Carballo valíalles dous resultados (gañar ou empatar), o equipo mostrouse medorento desde un principio, todo o contrario ao Luceros, que vía como as súas posibilidades de clasificación aumentaban despois da derrota do Teucro no choque anterior. O Xiria acumularía até 11 perdidas de balón nos primeiros quince minutos (vinte e unha en todo o partido) unha gran laxa que supuña un peso maior á hora de competir contra un conxunto tan forte como o de Cangas. Os erros multiplicábanse en ataque, tanto na toma de decisión como nas perdidas non forzadas, ás veces propiciadas por unha sobreexcitación excesiva e outras polo medo ao erro. Ben é certo que ante a espesura atacante, os verdinegros sacaban outros argumentos que lles mantivesen na loita por conseguir a tan ansiada praza para o sector nacional e deste xeito, conseguían seguir metidos no partido no tempo de descanso, grazas a unha defensa intensa e competitiva (9-11).

Non cambiou en nada o segundo tempo e cando parecía que o Luceros daba a estocada final ao marcar unha diferenza de tres goles a falta de dez minutos para o remate, o Laber Xiria volveu, unha vez máis, a aferrarse ao encontro cun parcial de 3-0 que puña as táboas no marcador a falta de cinco minutos. Neste momento o empate favorecía aos carballeses, que estaban clasificados para a cita nacional, pero eses cinco últimos minutos, convertéronse nunha auténtica tolemia e o Xiria non soubo xogar coa calma e a pausa necesaria. O medo a perder, ao erro, aparecía de novo e con máis forza ante tal posibilidade, nos instantes en que todo se ía a decidir. Catro perdidas de balón, case consecutivas, puñan en bandexa outros tantos goles a favor dos visitantes, que lograba un parcial de 1-4 neste momento tan delicado e conseguían o premio de acceder ao sector do campionato de España grazas á vitoria final por 22-26.

Laber Xiria: 22 (9+13). Antonio (p), Carlos Vilanova (3), Gabriel Castiñeiras (5), Juan Carlos Rodríguez (4), José Pereira (1), Dani Esmorís (2), Iván Calvo (3) -Equipo Inicial- Manuel Souto (p), Francisco Rey, Alex Figueroa, Roi Alfeirán, Ronaldo Durán, Kevin Santos, Borja Rodríguez (2), Andrés Vila (2), Tito.

Luceros: 26 (11+15). David, Mauro (3), Carlos, Erik (3), Abel, Pedro (2), Diego, Javi (4), Angel (6), Eloy, Marcos (3), Oscar (2), Adrián, Miguel (2), Alberto (1).

Marcador cada 5´: 1-3/3-6/4-6/5-7/8-9/9-11-Descanso-11-13/13-15/15-18/18-21/21-22/22-26-Final.

Colexiados: Elena Rivas e Angel Mateos. Excluiron con dous minutos a Gabriel Castiñeiras (2), Ronaldo Durán, Juanka (3) e José Pereira (2) por parte dos locais e a Mauro, Oscar, Adrián (2) + descalificación, Angel e Marcos por parte dos visitantes.

Incidencias: Partido correspondente a 3ª xornada da Fase Final da División De Honra en categoría xuvenil, celebrado no pavillón Vila De Noia ante trescentos aficionados de ambos equipos.