Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Cadete masculino

O Grupo Lemaco Xiria déixase remontar no tramo final

Disputábase a última xornada da división de honra, e o Grupo Lemaco Xiria e o Bueu xogábanse dous puntos sen transcendencia na clasificación, polo que tería que saír a relucir…

Disputábase a última xornada da división de honra, e o Grupo Lemaco Xiria e o Bueu xogábanse dous puntos sen transcendencia na clasificación, polo que tería que saír a relucir o carácter gañador de cada equipo, e a entrega e a loita coa que viven este deporte.

Empezaba o choque con moito ritmo por parte do Xiria, que quería impoñer o seu estilo ao 40×20, conseguía unha pequena diferenza de 3 goles, que o Bueu frearía cun tempo morto. Á saída do tempo, fallaron os locais no balance defensivo e deixaron que os de Bueu se metésen de novo no partido. Adrián Dubra chamou a filas aos seus xogadores e estes entenderon á perfección no que estaban a fallar e souberon corrixir a tempo, para marcharse ao descanso cun marcador de 23 a 19.

Faltaban uns pequenos axustes defensivos para darlle a puntilla ao resultado, pero na continuación, o Xiria parecía máis despistado, continuos altibaixos na concentración permitían aos visitantes achegarse ao empate. Os cambios realizados tampouco melloraban en demasía o realizado na pista. Lonxe de arranxar o armazón defensivo, os do Grupo Lemaco empezaron a toparse co porteiro rival que estivo moi acertado nesta segunda metade. Aos poucos e a falta de 2 minutos o marcador reflectía empate. O Xiria non logrou axustar o seu defensa a tempo e non logrou o triunfo.

A semana que vén empeza xa a Copa Federación, e na xornada 1, o Grupo Lemaco Xiria recibe ao Rasoeiro Tecfrisa na mañá do sábado. Competición que servirá para preparar aos xogadores na súa nova etapa formativa de fronte ao ano próximo onde algúns serán xuvenís e outros tomarán a responsabilidade na categoría cadete.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila De Noia, Carballo, ante uns 100 seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: Gabriel Folgoso y José Henrique Folgoso do colexio galego.

GRUPO LEMACO XIRIA 36 ( 23 + 13 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Álex Puñal, Áaron Rodríguez, Fernando Mallo, Julián García, Martín Fuentes, Miguel Goimil, Javier Rodríguez, Esteban Puñal, Andrés García, Juan Martín Fajardo.

BUEU ATL. BM 37 ( 19 + 18 ): Martín Iglesias, Rubén Iglesias, Noel Álvarez, David Juncal, Marco Rivas, Brais Cerviño, Diego Dios, Raúl Dios, Raúl Piñeiro, Diego Villafines, Asier Parada, Iago López, Manuel J. Argibay.

[ngg src=»galleries» ids=»235″ display=»basic_thumbnail»]

Próximo partido

Cadete masculino13:00Liga Ouro · Liga regular · Grupo único · Xornada 7
BM LINEA21 AUTO ESCOLA COPACO
MONTAXES CARBALLO XIRIA VERDE

Máis sobre isto